ITV: FIN DE SEMANA DO 1 AO 4 DE MAIO DE 2014
RECUPERÁNDOSE DUNHA LONGA SEMANA
Comezo de maio frenético para os distintos equipos do Numancia. Xornada dobre para a maioría deles antes de afrontar a recta final da temporada. Analizamos o que fixeron os nosos conxuntos neste inicio do mes:
MODESTOS: Caeron derrotados en Mandiá ante o equipo local, que se xogaba bastante mais que os nosos. Non foi o mellor partido da temporada do Numancia onde o mais positivo foi a excelente participación de dous xogadores xuvenís.
XUVENÍS: Caeron por un resultado moi axustado na sua visita o campión, o Galicia de Caranza "B" o xóves. O sábado en Prados Vellos colleitaron o seu enésimo empate ante o CD San Sadurniño. Tamén tiveron tempo para axudar aos modestos en Mandiá o domingo. Estos xuvenis gozan de boa saúde, quizas necesiten ter mais autoconfianza e motivación.
CADETES: O mércores competiron dignamente ante o campión da Liga, o Ánimas. O domingo fixeron un bo partido, refrendado con vitoria no campo de Os Pinares ante o Perlío. Parece que os cadetes chegan en bo momento a última xornada de Liga e a final de Copa.
INFANTÍS: Derrotas o mércores en Prados Vellos ante o Racing de Ferrol "B" e o venres ante o Perlío a domicilio. Loitan os infantís, un equipo moi novo que acumulou moita rodaxe e minutos de calidade nesta difícil temporada para eles.
FÚTBOL - 8: O xoves os benxamíns e alevíns representaban moi dignamente a imaxe do Numancia no prestixioso Torneo do RC Deportivo en Abegondo. Na xornada do fin de semana, os prebenxamíns remataban a Liga vencendo ao Portuarios a domicilio e proclamándose subcampións de Liga. Os benxamíns vencían no duelo da parte alta ao Portuarios en Prados Vellos. Os alevíns remataban tamén a Liga na zona media despois de vencer ao Cedeira "B" en O Beco.
En resumo, de todo como en botica no inicio do mes de maio. Agardemos que os distintos equipos recuperen a xente mancada e afronten coas maiores garantías e ilusións posibles a recta final da temporada.
O Numancia somos tod@s.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡