Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 1 AO 4 DE MAIO DE 2014
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 1 AO 4 DE MAIO DE 2014

RECUPERÁNDOSE DUNHA LONGA SEMANA

Comezo de maio frenético para os distintos equipos do Numancia. Xornada dobre para a maioría deles antes de afrontar a recta final da temporada. Analizamos o que fixeron os nosos conxuntos neste inicio do mes:

 



MODESTOS: Caeron derrotados en Mandiá ante o equipo local, que se xogaba bastante mais que os nosos. Non foi o mellor partido da temporada do Numancia onde o mais positivo foi a excelente participación de dous xogadores xuvenís.Expedición do Numancia ao Mundo do Fútbol en Abegondo.

XUVENÍS: Caeron por un resultado moi axustado na sua visita o campión, o Galicia de Caranza "B" o xóves. O sábado en Prados Vellos colleitaron o seu enésimo empate ante o CD San Sadurniño. Tamén tiveron tempo para axudar aos modestos en Mandiá o domingo. Estos xuvenis gozan de boa saúde, quizas necesiten ter mais autoconfianza e motivación.

CADETES: O mércores competiron dignamente ante o campión da Liga, o Ánimas. O domingo fixeron un bo partido, refrendado con vitoria no campo de Os Pinares ante o Perlío. Parece que os cadetes chegan en bo momento a última xornada de Liga e a final de Copa.

INFANTÍS: Derrotas o mércores en Prados Vellos ante o Racing de Ferrol "B" e o venres ante o Perlío a domicilio. Loitan os infantís, un equipo moi novo que acumulou moita rodaxe e minutos de calidade nesta difícil temporada para eles.

FÚTBOL - 8: O xoves os benxamíns e alevíns representaban moi dignamente a imaxe do Numancia no prestixioso Torneo do RC Deportivo en Abegondo. Na xornada do fin de semana, os prebenxamíns remataban a Liga vencendo ao Portuarios a domicilio e proclamándose subcampións de Liga. Os benxamíns vencían no duelo da parte alta ao Portuarios en Prados Vellos. Os alevíns remataban tamén a Liga na zona media despois de vencer ao Cedeira "B" en O Beco.

En resumo, de todo como en botica no inicio do mes de maio. Agardemos que os distintos equipos recuperen a xente mancada e afronten coas maiores garantías e ilusións posibles a recta final da temporada.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.