PREVIA: FIN DE SEMANA DO 25 DE ABRIL AO 1 DE MAIO DE 2014.

VOLTAMOS CON MOITO FÚTBOL

Despois das vacacións de Semana Santa, volve o fútbol de competición para os distintos equipos do Numancia. A maioría terán dobre xornada nesta semana, xogando un partido o fin de semana e outro aproveitando a semana do ponte festivo. Analizamos:

 



MODESTOS: Reciben na antepenúltima xornada da 2ª Autonómica a visita do UDC Narahío. Os nosos buscarán a vitoria para manter intactas as opcións de loitar pola terceira praza nos últimos compromisos. Non será fácil xa que os do concello de San Sadurniño apurarán en Ares as suas últimas opcións de manter a categoría. A cita da Marea Vermella cos modestos será o domingo as 17:00 en Prados Vellos. ¡¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡Afeccionad@s do Numancia de Ares.

XUVENÍS: Reciben na 30ª xornada de Liga a visita do Cultural Maniños. Boa ocasión para conseguir a vitoria e romper a racha de empates ante un equipo da zona baixa que últimamente esta mellorando os seus resultados. Será o sábado as 17:00 en Prados Vellos.

Para o xoves queda o partido da 31ª xornada onde visitarán ó líder da competición, o Galicia de Caranza "B" as 16:00 no Municipal de Caranza.

CADETES: Visitan na 18ª xornada de Liga o Galicia de Caranza "B". Será o sábado as 18:30 no Municipal de Caranza.

O mércores as 18:30 recibirán en Prados Vellos o líder da competición, a SDR Ánimas. Sen dúbida duas boas pedras de toque para que os nosos cadetes levanten cabeza de cara a final de Copa do 24 de maio.

INFANTÍS: Visitan na 18ª xornada de competición ó líder da mesma, o Portuarios. Será o sábado as 12:00 no campo de Aneiros en Serantes.

O mércores en Prados Vellos reciben na 19ª xornada de Liga a outro dos equipos que loitan polo título, o Racing de Ferrol "B". Sen dúbida dous partidos compricados para os nosos infantís; que intentarán plantar cara e poñer nerviosos a estos dous equipos.

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Os prebenxamíns descansan. Os biberóns xogan en Prados Vellos ante o CD As Pontes o venres as 18:30. O sábado as 11:00 tamén en Prados Vellos turno para os alevíns ante o CD Cariño. Para o luns en partido adiantado xogan os benxamíns ante a SD O Val "B" as 18:00 no campo de O Sinde.

Sen dúbida o prato forte para o fútbol - 8 terá lugar o xoves coa excursión social - futbolística as instalacións do Mundo do Fútbol en Abegondo para participar no Torneo de Fútbol - 8 benxamín e alevín do RC Deportivo de A Coruña.

En resumo, temos por diante unha semana con moito fútbol e de moita esixencia para os nosos equipos. Agardemos ter boas novas para que os conxuntos numantinos poidan afrontar da mellor maneira posible a recta final da temporada.

Vémonos esta semana en Prados Vellos, Caranza, Aneiros, O Val ou en Abegondo.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.