ITV: FIN DE SEMANA DO 11 AO 13 DE ABRIL DE 2014

A XORNADA DOS EMPATES

Nova fin de semana de competición a que tiveron os distintos equipos do Numancia. Foi unha xornada caracterizada polas igualadas, xa que houbo sete partidos e cinco empates. Analizamos:

 



MODESTOS: Empate no campo de Os Calzados ante o Capela. Valioso punto a domicilio ante un rival directo que permite os nosos manter as opcións intactas para loitar por alcanzar a terceira praza nas últimas tres xornadas de Liga.Os Modestos celebrando o gol fronte O Capela (13/04/2014)

XUVENÍS: Nova igualada, a cuarta consecutiva do equipo xuvenil. Desta vez foi no campo de A Gándara ante o Ánimas. Punto a punto seguen situados na zona media da clasificación e preparándose para a competición de Copa onde todos parten de cero novamente.

CADETES: Derrota ante o Cedeira en Prados Vellos. Non foi un mal partido dos cadetes, pero a mala dinámica de toda a temporada parece que non quere abandonar os numantinos.

INFANTÍS: Empate a domicilio ante o Racing San Pedro na Gándara. Un punto a domicilio que non satisfaceu plenamente os numantinos que deixaron escapar a vitoria.

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Os alevíns colleitaron un valioso punto na sua viaxe a Ortigueira. Os benxamíns empataron nun duelo directo ante o EFR. Ferrol "D" en Prados Vellos. Os prebenxamíns caeron cruelmente derrotados ante o potente EFR. Ferrol "B" en Prados Vellos nun fermoso partido. Os biberóns sacaron moitas sonrisas nun novo partido da Liga AFACO ante o Perlío en Prados Vellos.

En definitiva, xornada con empates que nalgúns casos se deron por válidos e noutros non tanto. Non foi nin a mellor nin a peor xornada do Numancia esta temporada; foi unha mais antes do parón por Semana Santa e do sprint final das competicións.

Agora os equipos de fútbol - 11 terán unha semana de parón competitivo debido as vacacións de Semana Santa. Pola sua parte os equipos de fútbol - 8 (agás os biberóns) participarán o xoves (prebenxamíns), venres (benxamíns) e sábado (alevíns) no II Torneo Concello de Mugardos de fútbol - 8 en A Pedreira (os nenos sempre queren xogar).

A disfrutar dos Torneos e das vacaccións de Semana Santa.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.