PREVIA: FIN DE SEMANA DO 11 AO 13 DE ABRIL DE 2014.

EXAMES ANTES DAS VACACIÓNS

Os distintos equipos do Numancia afrontan unha nova xornada antes do parón de Semana Santa. Todos buscarán a vitoria para descansar con calma no periodo estival. Analizamos o que nos agarda na fin de semana:

 



MODESTOS: Visitan na 28ª xornada o campo de Os Calzados en A Capela. Partido clave ante o terceiro clasificado; unha terceira posición que busca o Numancia cando Instante partido prebenxamins Numancia - EFR Ferrol "B" (18/10/2014)restan catro xornadas de Liga. Unha vitoria este domingo facilitaría moitas cousas. Partido clave o domingo as 17:00 no campo de Os Calzados de A Capela. ¡¡¡Que non falte a Marea Vermella¡¡¡

XUVENÍS: Na 29ª xornada de Liga visitan ó Ánimas, un equipo que como o Numancia atopase situado na zona media da clasificación. Partido igualado o que nos agarda o próximo venres as 18:45 no campo de herba artificial de A Gándara en Ferrol.

CADETES: Reciben na 17ª xornada de Liga en Prados Vellos a un equipo que loita por xogar a fase de ascenso, o Cedeira. Boa pedra de toque e gran ocasión para que os numantinos recuperen o seu mellor nivel de cara a última fase da temporada. A cita cos cadetes será o sábado as 17:00 en Prados Vellos. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡

INFANTÍS: Visitan na 17ª xornada de Liga o Racing San Pedro. Os infantís do Numancia buscarán a vitoria ante un rival de nivel parello. Os numantinos intentarán que o fútbol triunfe por enriba de todo. A cita cos infantís terá lugar o sábado as 11:30 no campo de herba artificial de A Gándara. ¡¡¡Non faltedes¡¡

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Bonita xornada de fútbol - 8 a do venres en Prados Vellos. As 18:00 os prebenxamíns reciben o Racing "B" nun precioso duelo entre dous xóvenes equipos que veñen pisando moi forte. As 18:30 no campo anexo os biberóns reciben o Perlío nun novo partido da Liga AFACO. Por último as 19:00 interesante partido de benxamíns entre Numancia e Racing "D". ¡¡¡O venres tedes tod@s unha cita cos nenos en Prados Vellos¡¡¡ Non podedes fallar.

Para o sábado queda a viaxe dos alevíns a Ortigueira. Xogarán no campo de San Claudio as 11:30 ante o equipo local.

En resumo, bonita fin de semana cos nenos abrindo boca e cos modestos pechando o mesmo nun partido importante. Última semana para disfrutar do fútbol antes das vacacións (onde haberá algún Torneo).

¡¡¡Vémonos este fin de semaa na Capela, na Gándara ou en Prados Vellos.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.