Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 4 AO 6 DE ABRIL DE 2014
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 4 AO 6 DE ABRIL DE 2014

ABRIL, GOLES MIL

Intensa xornada de competición nesta primeira fin de semana de abril, onde algúns conxuntos numantinos entran na fase final das suas Ligas. Analizamos o que nos agarda esta fin de semana con detalle:



MODESTOS: Reciben na 27ª xornada de Liga en Prados Vellos a visita do CD Cariño. Os numantinos buscarán unha terceira vitoria consecutiva para seguir instalados na zona alta da clasificación. Non o terán fácil ante o equipo de Ortegal que virá con ganas de revancha despois de perder Instante partido de Prebenxamins Numancia - Neda (02/11/2013)cos numantinos na primeira volta. A cita da Marea Vermella cos modestos terá lugar este domingo a partir das 17:00 en Prados Vellos. ¡¡¡Prohíbido faltar¡¡¡

XUVENÍS: Reciben na 28ª xornada o EF Ensanche. Será un anticipo do duelo copeiro que terá lugar en maio. Os numantinos intentarán seguir coa boa imaxe das últimas xornadas ante un equipo que loita por xogar a fase de ascenso. Será o sábado as 18:00 en Prados Vellos.

CADETES: Visitan na 16ª xornada de Liga o CD As Pontes. Os numantinos intentarán conseguir a vitoria en busca da regularidade ante un equipo pontés que loita por xogar a fase de ascenso. Será o sábado as 16:30 nas instalacións de O Poboado de As Pontes.

INFANTÍS: Reciben na 16ª xornada de Liga a un rival da zona alta como é o Galicia de Caranza "B". Os aresáns buscarán seguir coa boa línea das últimas semanas para dificultarlle as cousas aos de Caranza como xa sucedera na primeira volta. A cita cos infantís é o sábado as 16:15 en Prados Vellos.

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Tócalle viaxar ó fútbol - 8 do Numancia. O venres as 17:00 xogan os prebenxamíns en Neda e os alevíns en A Gándara ante o Racing San Pedro. As 17:30 os biberóns visitan Pontedeume. Por último os benxamíns xogan en As Pontes o sábado as 11:40 ante o equipo local.

En resumo, bonito fin de semana con moito fútbol en Prados Vellos e con competicións que encaran a sua recta final. Os equipos do Numancia necesitan mais que nunca o voso apoio de aquí ata final de temporada.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, As Pontes, A Gándara, Neda ou en Pontedeume.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.