III GALA PREMIOS VOLTAARIA DE FUTBOL 2014

O portal deportivo voltaaría.com e a Federación Galega de Fútbol, en colaboración coa Asociación de Fútbol Aficionado de la Comarca de Ferrolterra (AFACO) e a Asociación de Fútbol Aficionado de Ferrol (AFAFE) e co patrocinio dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, Neda, Ortigueira, Cariño, Ares, Mugardos, Miño, As Pontes, Cerdido, San Sadurniño, A Capela, Valdoviño, Pontedeume, Cabanas e Trofeos Marvi, convocan os PREMIOS VOLTAARIA de Fútbol 2014.

 

 

A partir do 1 de abril, e ata o 15 de maio, abrese o prazo para as votacións da III Gala de Fútbol de Ferrolterra - Premios voltaaría. Para levar a cabo ditas votacións, estarán instaladas as urnas correspondentes na sede da Delegación de Futbol en Ferrol.

Os premios entregaranse no transcurso dunha Gala que se celebrará no Pazo dá Cultura de Narón, o próximo venres 6 de xuño ás 20.30 horas.

Na devandita Gala farase entrega dos seguintes premios:

- Premios ao mellor adestrador, ao mellor xogador e á deportividade do mellor club (Segunda, Terceira, Xuvenís e Feminino) das categorías competencia da Delegación en Ferrol da Federación Gallega de Fútbol.

- Premios ao mellor equipo de Segunda e Terceira Autonómica, Xuvenil, Cadete, Infantíl, Alevín, Benxamín, Prebenxamín e Fútbol Feminino, en todas e cada unha das competicións de liga e recibirano os campións de liga por méritos deportivos.

- Premio ao máximo goleador nas categorías de xuvenil, feminino, 2ª e 3ª Autonómica.

- Premio ao mellor club de Ferrolterra.

- Premio ao mellor árbitro.

- Mención especial a toda unha vida dedicada ao fútbol.

Para ver todo o relacionado coa organización e bases dos premios PICA AQUÍ.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.