Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 21 AO 23 DE MARZO DE 2014
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 21 AO 23 DE MARZO DE 2014

RECUPERANDO AS BOAS VIBRACIÓNS

Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Por sorte, nesta fin de semana os equipos numantinos recuperaron os bos resultados e deixaron boas sensacións nos seus partidos. Analizamos a xornada:

 

MODESTOS: Cómoda e importante vitoria en Prados Vellos ante o Galicia de Caranza para sair da mala racha de resultados e para ter opcións de seguir loitando polos postos nobles da 2ª Autonómica.Deportividade no derbi de xuvenís Numancia - Mugardos (22/03/2014)

XUVENÍS: Empate no derbi ante o Galicia de Mugardos. Partido serio dos rapaces xuvenís ante un equipo situado na parte alta. Conseguiron un empate para coller moral de cara a última parte da temporada.

CADETES: ¡¡¡Hamemus vitoria¡¡¡ Por fin os cadetes se reencontraron co triunfo. Foi no campo de O Pote de Maniños onde derrotaron con comodidade o equipo anfitrión. ¡¡¡A mirar para arriba¡¡¡

INFANTÍS: Deron a cara e meteron o medo no corpo do líder, CD As Pontes en Prados Vellos. Boa imaxe dos infantís que intentarán refrendar nos próximos partidos.

FÚTBOL-8 E BIBERÓNS: Os alevíns venceron con autoridade en Barallobre. Os benxamíns foron sorprendidos en San Sadurniño polo equipo local. Os prebenxamíns siguen firmes no liderato e venceron en Pontedeume. Os biberóns disfrutaron dun bonito e disputado partido no campo de O Ramo de Barallobre.

En definitiva, boa xornada para os equipos do Numancia, repartida entre vitorias e boas sensacións. Parece que a chegada da primavera sentou ben os numantinos. ¡¡¡¡Toca seguir así¡¡¡

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.