Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 14 AO 15 DE MARZO DE 2014
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 14 AO 15 DE MARZO DE 2014

¡¡¡QUÉ VIVAN OS NENOS¡¡¡

Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Outra fin de semana con malos resultados, salvados pola boa imaxe e boas sensación dos equipos de fútbol - 8 do Numancia.

 



MODESTOS: Dolorosa derrota no derbi ante o G. Mugardos "B" nun partido condicionado polas dimensións do terreo de xogo de herba artificial de A Pedreira. Pese a derrota, o Numancia sigue no zona alta con opcións de seguir loitando por chegar ó pódium da competición.Os benxamíns antes do comenzo do partido fronte o Portuarios "B". (14/03/2014)

XUVENÍS: Boa imaxe dos xuvenís en Narón ante un dos equipos da zona alta que derrotou os numantinos pola mínima. Bo traballo e actitude dos rapaces que deberá refrendarse nos seguintes compromisos; o máis próximo ante o G. Mugardos en Prados Vellos.

CADETES: Empate que sabe a pouco ante o Racing de Ferrol "B" en Prados Vellos. Toca seguir traballando.

INFANTÍS: Derrota abultada en O Val duns infantís que soamente loitaron durante 60 minutos; nunha Liga que esixe traballo durante 80 e moito mais contra tan bos equipos. ¡¡¡A seguir aprendendo¡¡¡

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Na festa do fútbol - 8 en Prados Vellos os prebenxamíns venceron o G. de Caranza e siguen no liderato. Os benxamíns derrotaron o Portuarios "B" e continuan na zona alta. Os alevins foron capaces de vencer o Narón "B" e siguen mellorando e progresando nunha Liga moi igualada. ¡¡¡Así da gusto¡¡¡ Pero non esquezades que os resultados nestas categorías son anecdóticos; o importante e crecer e traballar como se está a facer semana tras semana en Prados Vellos.

En resumo, xornada negativa en canto a resultados. Haberá que traballar moito para melloralos.... quedarse cos bos momentos desta xornada e rezar tamén para que non se lastime ningúen; xa que últimamente tampouco estamos tendo sorte nese aspecto.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.