PREVIA: FIN DE SEMANA DO 14 AO 15 DE MARZO DE 2014

MAREA VERMELLA EN A PEDREIRA

SEMANA DE DERBI. Nova xornada para os equipos do Numancia. Moito fútbol en Prados Vellos e derbi de afeccionados na Pedreira. Analizamos a xornada:

 

 

 

MODESTOS: Visitan na 24ª xornada da 2ª Autonómica o Galicia de Mugardos "B". Un dos partidos especiales da temporada ante o eterno rival. Os mugardeses buscarán recurtar distancias co Numancia e coa zona alta. Os numantinos ampliar vantaxe cos mugardeses e seguir na zona alta. Añadimos a eso que hai que desempatar nos derbis, xa que o de pretemporada e o de ida terminaron con empate. ¿Alguén da mais? MAREA VERMELLA o sábado as 17:00 no campo de herba artificial de A Pedreira. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡Afeccionados: Instante partido de ida, Numancia - G. Mugardos "B".

XUVENÍS: Visitan na 25º xornada de Liga o campo dun dos equipos que loita por xogar a fase de ascenso, o Narón. Partido compricado para un equipo de xuvenís que derrotou na ida os naroneses de maneira abultada, polo que todo pode suceder. O desenlace o próximo sábado as 10:00 no campo de O Cadaval de Piñeiros.

CADETES: Reciben na 13ª xornada a visita do Racing de Ferrol "B" en Prados Vellos. Dous equipos situados na zona baixa da clasificación buscarán a vitoria para comezar a escalada nesta segunda volta. A cita cos cadetes o sábado as 11:00 en Prados Vellos.

INFANTÍS: Visitan na 13ª xornada a un rival da zona media da clasificación como é a SD O Val. Os infantís buscarán igualar a boa imaxe ante o Eume para buscar sorprender ó equipo valexo. A cita será o sábado as 11:30 no campo de herba artificial en Sinde.

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Festa do fútbol - 8 o venres en Prados Vellos, nunha tarde na que xogarán todas as categorías. Abrirán boca os prebenxamíns as 17:00 ante o Galicia de Caranza. As 18:00 os alevíns recibirán a visita do Narón "B". A partir das 18:30 no campo anexo xogarán os biberóns ante o Narón. Para rematar esta gran tarde de fútbol en estado puro os benxamíns xogarán a partir das 19:00 ante o Portuarios "B. Aproveitade este venres para subir a Prados Vellos a coñecer e animar os mais novos do Numancia. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡

En resumo, bonito fin de semana co fútbol - 8 numantino abrindo boca o venres. O sábado pola mañá teremos que dividirnos para animar a infantís, cadetes e xuvenís. O sábado as 17:00 tocará unirse tod@s en amor e compañía para formar unha gran MAREA VERMELLA no derbi da 2ª Autonómica entre Galicia de Mugardos "B" e Numancia. Como premio o voso compromiso.... este domingo libramos.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Mugardos, Narón, Prados Vellos ou no Val.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.