Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 7 AO 9 DE MARZO DE 2014
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 7 AO 9 DE MARZO DE 2014

A CULPA FOI DO ENTROIDO

Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Non foron moi positivos os resultados que analizamos a continuación:

 

 

 

MODESTOS: Empate agridoce ante o San Mateo en Prados Vellos. Igualada ante un rival directo e a pensar xa no derbi do sábado ante o Galicia de Mugardos "B".

 

XUVENÍS: Nova derrota dos xuvenís. Desta vez foi o AD Miño o que se levou os tres puntos de Prados Vellos nos últimos minutos. Agardemos que reaccionen os rapaces neste último tramo da temporada coa Copa da Ría tamén no horizonte.Numancia de Ares, corpo técnico equipo infantil.

 

CADETES: Derrota na visita compricada a Meirás. Os cadetes deberán terminar a Liga da mellor maneira posible para chegar a Final de Copa en maio coa máxima moral posible.

 

INFANTÍS: Pese ó seu empate ante o Eume, foron o mellor da xornada xa que fixeron un gran partido ante os eumeses en Prados Vellos.

 

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Os prebenxamíns venceron a domicilio o Ánimas para seguir no liderato. Os benxamíns venceron en O Val. Os alevíns dobregaron o Neda a domicilio. Pleno de vitorias e de boas sensacións no fútbol - 8 este fin de semana. En canto os biberóns, novo partido da Liga AFACO en Miño co sol e o calor como protagonistas.

 

En resumo, unha nova xornada na que os resultados volveron a ser bastante negativos e onde os mais pequenos do Numancia foron a parte mais positiva da fin de semana. Agardemos que despois deste Entroido ben celebrado en Ares.... os equipos volvan o seu nivel habitual e comecen a mellorar as suas prestacións nas seguintes xornadas.

 

O Numancia somos tod@s.

 

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.