II TORNEO CONCELLO DE MUGARDOS DE F-8
A S.D.C. Galicia de Mugardos e o Concello de Mugardos organizan o II Torneo Concello de Mugardos de F-8, que se celebrará no Campo Municipal de A Pedreira – Mugardos (Herba artificial) na Semana Santa de 2014.
O torneo está dirixido ás categorías de Prebenxamín, Benxamín e Alevín, sendo os días correspondentes a cada categoría os seguintes:
Categoría Prebenxamín: xoves 17 de abril de 2014.
Categoría Benxamín: venres 18 de abril de 2014.
Categoría Alevíns: sábado 19 de abril de 2014.
O torneo contará coa presenza de equipos da zona de Ferrolterra, entre eles o Numancia de Ares, e equipos da zona da Coruña.
Para ver toda a información relacionada co torneo PICA AQUÍ.