Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 28 DE FEBREIRO AO 1 DE MARZO DE 2014
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 28 DE FEBREIRO AO 1 DE MARZO DE 2014

"¿CÓMO QUEDÁSTEIS?"

Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Desta vez os resultados non foron os desexados nos diferentes partidos disputados. Analizamos a xornada:

 

MODESTOS: Derrota no seu desprazamento a Neda nun partido no que se podía reducir a diferenza coas duas primeiras posicións. Non poido ser, polo que haberá que seguir loitando para intentar facer disfrutar a Marea Vermella domingo tras domingo.

XUVENÍS: Caeron derrotados a domicilio ante un dos equipos da zona alta como é o Eume Deportivo. Contínuan na zona media da clasificación con vistas a mellorar no último tramo da competición.

INFANTÍS: Perderon en Prados Vellos ante o AD Miño nun partido moi igualado. Siguen competindo dignamente cos mellores equipos da comarca na Liga Infantil; acumulando rodaxe e minutos moi competitivos de cara ó futuro.

FÚTBOL - 8 E BIBERÓNS: Gran xornada de fútbol - 8 a vivida na tarde do venres en Ares. Os biberóns retomaron a Liga AFACO de fútbol - 8 cun bonito e divertido derbi ante o Galicia de Mugardos. En prebenxamíns, Numancia e AD Miño ofreceron un emocionante e disputado partido con vitoria axustada para os visitantes. Para pechar a tarde do venres os alevíns conseguían empatar ante o líder da Liga, o Portuarios "B". Xogaron o sábado os benxamíns, caendo derrotados nun bo partido ante o Ánimas no campo de A Gándara.

En resumo, unha xornada que non deixou bos resultados para o Numancia, pero que pode deixar una reflexión. Pensade un segundo cal e a primeira pregunta que facedes ó voso familiar ou amigo que é xogador ou adestrador do Numancia cando chega dun partido o que vos non poideches asistir. Fulanito, "¿xogác
hedes hoxe? "¿CÓMO QUEDÁSTEIS? ". Sempre preguntamos primeiramente polo resultado.

Numancia de Ares ADR. A veces esquecémonos que o equipo de modestos e un grupo de xóvenes do pobo que sacrifican tempo coa familia e amigos para poder adestrar, xogar e desprazárse co Numancia. Que os equipos de base son rapaces do pobo, son grupos de nenos ou adolescentes que utilizan o fútbol para facer exercicio, amigos e liberar as tensións dos estudos. Por último que os equipos de fútbol - 8 son conxuntos que están formados por nenos pequenos de Ares que quizáis o único que buscan é divertirse; sendo o fútbol simplemente unha excusa.

Por iso, quizáis as preguntas correctas para un xogador do Numancia cando chegue dun partido deben de ser... ¿QUÉ TAL O PASACHES? ¿HOUBO ALGÚN LASTIMADO? Formación, educación, saúde e diversión por enriba de todo. É importante saber onde estamos e o que buscamos.

O Numancia somos tod@s

 ¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.