Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 28 DE FEBREIRO AO 2 DE MARZO DE 2014
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 28 DE FEBREIRO AO 2 DE MARZO DE 2014

O SÁBADO INVADIMOS NEDA

Nova xornada para os diferentes equipos do Numancia, que se repartirá entre venres e sábado. Partido clave dos modestos, descanso para os cadetes e moito fútbol en Prados Vellos.... Analizamos:

 

  

MODESTOS: Visitan na 21ª xornada de Liga o Rápido de Neda. Partido clave para o primeiro equipo que está situado na 4ª posición da clasificación. Unha vitoria este fin de semana ante o 2º clasificado volvería a meter de cheo o noso equipo na loita polas primeiras posicións. ¡¡¡Non podemos faltar¡¡¡ Este SÁBADO a partir das 16:00 toda a Marea Vermella ten que estar no Municipal de Neda apoiando o noso equipo neste trascendental partido. ¡¡¡O sábado invadimos Neda¡¡¡ ¡¡¡¡Non faltedes¡¡¡ Sábado as 16:00 no Municipal de Neda.Volve o fútbol-8 biberón a Prados Vellos.

XUVENÍS: Visitan na 23ª xornada de Liga a Gándara Eumesa para xogar ante o Eume Deportivo. Compricado desprazamento para os xuvenís que xogarán ante un dos equipos da zona alta da clasificación. Tarde de fútbol completa o sábado. Despois do partido de Neda a Marea Vermella deberá desprazarse ata Pontedeume para animar os xuvenís a partir das 18:30.

INFANTÍS: Reciben na 11ª xornada de Liga o AD Miño. Xogan os dous últimos clasificados da Liga. Sen dúbida promete ser un partido moi igualado onde ambos equipos buscarán unha ansiada vitoria. Boa maneira de abrir boca o sábado de cara os partidos da tarde cun bo partido de infantís a partir das 11:00 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Festa do fútbol - 8 numantino o venres en Prados Vellos. As 17:30 os prebenxamíns teñen un duro partido ante o AD Miño. As 18:00 no campo do lado os biberóns retoman a Liga AFACO de fútbol - 8 cun bonito derbi ante o Galicia de Mugardos. Por último para pechar esta bonita xornada de fútbol - 8 de venres en Ares, os alevíns reciben a partir das 18:30 a visita do líder da competición, o Portuarios "B".

Para o sábado quedan os benxamíns que viaxan ata A Gándara para medirse a partir das 11:30 o Ánimas nunha liga moi igualada.

En resumo, xornada que terá un pouco de todo. Abriremos boca o venres en Prados Vellos disfrutando cos mais pequenos do Numancia. O sábado quentaremos motores en Prados Vellos vendo os infantís. Pola tarde teremos o prato forte coa INVASIÓN DE NEDA apoiando os modestos. Despois a idea e celebrar a vitoria dos modestos vendo os xuvenís en Pontedeume..... e ¡¡¡QUE VIVA Ó ENTROIDO¡¡¡ Este domingo toca descansar. ¿É ou non e un bo plan de fútbol numantino? ¡¡¡TODOS A NEDA O SÁBADO¡¡¡¡ Pasaremos lista.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, A Gándara, Neda ou en Pontedeume.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.