Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 21 AO 23 DE FEBREIRO DE 2014
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 21 AO 23 DE FEBREIRO DE 2014

SALVADOS POLOS MODESTOS

Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Importante vitoria dos modestos, mala xornada no fútbol base e boas sensacións en fútbol - 8. Analizamos:

 

 

 

MODESTOS: Importantísima vitoria do primeiro equipo numantino ante un rival directo como o CD As Pontes "B". Confirmaron o bo momento e seguen achegándose o mais alto da clasificación.Os modestos celebrando un gol (23/02/2014)

XUVENÍS: Derrota en Prados Vellos ante o Perlío. Parece que tampouco será febreiro o mes no que os xuvenís atopen a regularidade. Seguen fieles a sua traxectoria desta temporada, unha de cal e duas de area.

CADETES: Nova derrota, desta vez caeron en Pontedeume ante un dos equipos fortes da competición. Agardemos que na segunda volta o papel dos cadetes mellore e cheguen nunha boa dinámica a final de Copa en maio.

INFANTÍS: Xusta e abultada derrota en Narón ante o equipo local. Non foi boa a imaxe dos infantís esta semana. Agardemos que recuperen nos próximos compromisos o bo papel que estaban realizando nas últimas semanas.

FÚTBOL - 8: Vitoria ante o Portuarios dos prebenxamíns para seguir no mais alto. Empate dos benxamíns ante o Cedeira nunha liga moi emocionante. Vitoria dos alevíns ante o Cedeira "B" para seguir progresando. Boa xornada do fútbol - 8, gran participación de todos e ningún incidente que lamentar.

BIBERÓNS: Xogaron o último partido da Liga AFACO de fútbol -6 ante o Eume Deportivo no Pavillón de Ares. A partir do mes de marzo retomarán a Liga de fútbol - 8 da AFACO nos distintos campos de Ferrolterra.

En resumo, xornada que deixou un bo sabor de boca despois da importante vitoria dos modestos ó domingo. Seguiremos traballando na base para formar futbolistas.... pero sobretodo, persoas.

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.