III PREMIOS ESTUDO E DEPORTE
O IES de Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Concello de Ares, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro, puxeron en marcha por terceiro ano consecutivo os “III Premios Estudo e Deporte”.
Con esta iniciativa pretendese premiar aos estudantes do centro IES de Mugardos que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
Entre todos querese poñer en valor a capacidade de organizarse e de programar o tempo con eficacia para render positivamente nos estudios e na actividade física.
Serán avaliados para optar os premios todo o alumnado do IES de Mugardos que practica deportes ou actividades físicas regulamentadas, individuais ou colectivas, coa supervisión dun adestrador ou adestradora.
A ADR Numancia de Ares e unha das entidades deportivas colaboradoras na avaliación dos deportistas.
Para ver o díptico da información relacionada cos Premios PICA AQUÍ.