Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 21 AO 23 DE FEBREIRO DE 2014
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 21 AO 23 DE FEBREIRO DE 2014

O DOMINGO, PARTIDAZO E LACÓN EN PRADOS VELLOS

Nova xornada para os diferentes equipos do Numancia. Fin de semana con moitos partidos en Prados Vellos. De especial importancia o encontro dos modestos ó domingo. Analizamos a xornada a continuación:

 

 

 

 

MODESTOS: Reciben na 20ª xornada de Liga o CD As Pontes "B". Despois da importante vitoria en Ortigueira, os numantinos reciben o filial do As Pontes. 4º e 5º clasificado, separados por un punto mídense en Prados Vellos cun mesmo obxetivo; acadar á vitoria para seguir na caza e captura dos tres primeiros clasificados. ¿Algúen da mais? Pois si. No descanso do partido o gañador da habitual rifa  será obsequiado cun lacón propio destas datas. ¿De verdade que vas a fallar ó domingo? Sería imperdoable. O domingo as 16:30 todo bo numantino e toda a Marea Vermella debe acudir a Prados Vellos. ¡¡¡Prohíbido faltar¡¡¡Instante partido de ida As Pontes "B" - Numancia (27/10/2013)

XUVENÍS: Reciben na 22ª xornada de Liga o Perlio, un equipo situado na zona media -alta da clasificación. Unha zona a que aspiran a chegar os numantinos. Para iso, deberán olvidarse da derrota da pasada semana en Aneiros e volver a boa línea dos últimos partidos. Bo partido de xuvenís en Prados Vellos o sábado as 16:30. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

CADETES: Visitan na 10ª xornada de Liga o Eume Deportivo. Os cadetes perderon bastantes puntos polo camiño nesta Liga. Para volver a situarse na zona alta deberán fallar moi pouco ata final de temporada. Sabemos que calidade e compromiso teñen de sobra. Tratarán de demostralo na Gándara Eumesa este sábado as 12:00 ante o 4º clasificado. ¡¡¡Todos cos cadetes¡¡¡

INFANTÍS: Visitan na 10ª xornada de Liga a un rival da zona media - alta da clasificación como é o Narón. Os infantís intentarán seguir coa boa imaxe das últimas xornadas e loitar por traer algo positivo de terras naronesas. O partido será o sábado as 10:00 no campo de O Cadaval en Piñeiros.

FÚTBOL - 8: Todos os equipos de fútbol - 8 xogarán en Prados Vellos. O venres teremos dous bonitos partidos. As 17:30 os prebenxamíns reciben ó Portuarios. As 18:30 serán os alevíns os que xoguen neste caso ante o Cedeira "B". Para o sábado quedan os benxamíns, que xogarán a partir das 11:00 ante o Cedeira. ¡¡¡Non vos perdades as evolucións dos distintos equipos de fútbol - 8 numantino este fin de semana¡¡¡

BIBERÓNS: Disfrutarán dos últimos coletazos da Liga AFACO de fútbol - 6. Xogarán o venres a partir das 18:30 ante o Eume Deportivo no Pavillón de Ares. ¡¡¡Moi boa terapia gratuita¡¡¡

En resumo, bonita xornada que como sempre terá o fútbol - 8 formativo e o fútbol base como aperitivo o venres e o sábado. Para o domingo queda a GRAN CITA dos numantinos. Hai que apoiar o primeiro equipo nestas finais que disputarán ata o final de temporada. ¡¡¡XUNT@S PODEMOS¡¡¡ Marea Vermella o domingo en Prados Vellos,

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Pontedeume, Piñeiros ou no Pavillón de Ares.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.