ITV: FIN DE SEMANA DO 14 AO 16 DE FEBREIRO DE 2014

¡¡¡ÁNIMO DANI CARTELLE¡¡¡

Nova xornada de competición onde os equipos do Numancia obtiveron resultados para todos os gustos. O mellor da fin de semana foi a importante vitoria dos modestos e a solidaridade mostrada por varios conxuntos do club cun compañeiro. Analizamos.

 


MODESTOS: Importantísima vitoria en San Claudio ante un rival directo como o Ortigueira. Escalan ata a 4ª posición nun momento da temporada onde todos os partidos comezan a ser finais. ¡¡¡Este é o camiño¡¡¡

XUVENÍS: Romperon a boa dinámica das últimas xornadas caendo derrotados ante un rival da parte alta como é ó Portuarios en Aneiros. Seguen na zona media da clasificación.Dani Cartelle, adestador do equipo de biberóns do Numancia de Ares.

CADETES: Foron a cruz da xornada xa que caeron derrotados en Prados Vellos ante un rival da zona baixa como ó Perlio. Duro golpe para a moral dos xogadores cadetes que terán que erguerse e seguir loitando para quedar o máis arriba posible.

INFANTÍS: Empataron ante ó Perlío en Prados Vellos nun partido onde o mais positivo foi ver a dous xogadores alevíns debutar na Liga Infantil.

FÚTBOL - 8: Os prebenxamíns descansaron. Os benxamíns derrotaron nun emocionante partido o CD As Pontes en A Capela. Os alevíns viaxaron ata Cariño onde colleitaron un empate. O importante como sempre é que non houbo mancados e todos os nenos disfrutaron co fútbol.

BIBERÓNS: Xogaron un dos últimos partidos do Torneo AFACO de fútbol - 6. Desta vez foi en Neda ante o equipo local onde os nosos biberóns deron conta da sua melloría e ilusión polo fútbol.

Sen dúbida o detalle mais bonito da xornada poidemos velo o venres no pavillón de Neda, o sábado en Aneiros e o domingo en San Claudio. Os biberóns xogaban cunha camiseta de apoio a un dos seus adestradores. Os xuvenís e os modestos lucían antes do comezo do partido tamén unha camiseta de apoio para un compañeiro. ¡¡¡¡MOITO ÁNIMO DANI CARTE¡¡¡ Agardamos verte pronto disfrutando do fútbol no campo de Prados Vellos.

En resumo, xornada na que houbo de todo como en botica en canto a resultados; e na que a familia numantina demostrou estar unida para ter bonitos detalles.... ¡¡¡XUNTOS PODEMOS¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

!!!Ánimo CARTE¡¡¡

 

!!!Ánimo CARTE¡¡¡. Os Biberóns en Neda.

 

!!!Ánimo CARTE¡¡¡. Os Xuvenís en Aneiros (Ferrol)

 

!!!Ánimo CARTE¡¡¡. Os Modestos en San Claudio (Ortigueira).

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.