Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 14 AO 16 DE FEBREIRO DE 2014.
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 14 AO 16 DE FEBREIRO DE 2014.

TOCA VIAXAR

Os distintos equipos do Numancia afrontarán este fin de semana unha nova xornada onde intentarán refrendar as boas sensacións da última xornada. Modestos, xuvenís, fútbol - 8 e biberóns viaxan; namentras que infantís e cadetes xogan en Ares. Analizamos a xornada:

 



MODESTOS: Visitan na 19ª xornada de Liga a un rival directo como é o Ortigueira. O partido non se xogará no campo de herba natural de Morouzos (escenario habitual do equipo local) senón que se xogará en San Claudio; un campo estreito de herba artificial no que xogan os seus partidos os equipos de base do Ortigueira. Parece que o cambio de escenario favorece ó Numancia nun partido importante para consolidarse nas primeiras posicións da 2ª Autonómica. ¡¡¡¡A Marea Vermella ten que invadir Ortigueira este domingo¡¡¡ Toca viaxar (San Claudio está a 45 minutos). ¡¡¡¡Imos de excursión porque xuntos PODEMOS¡¡¡ Pasaremos lista o domingo as 16:15 en San Claudio.Marcos Amor adestrador do equipo de Modestos e Biberóns do Numancia.

XUVENÍS: Visitan na 21ª xornada de Liga a un dos equipos situados na zona alta da clasificación, o Portuarios. Os nosos xuvenís intentarán consolidar a boa traxectoria das últimas semanas no campo de Aneiros - Serantes o proximo sábado a partir das 16:30.

CADETES: Reciben na 9ª xornada de Liga a un dos equipos situados na zona baixa da clasificación, o Perlío. Non deben confiarse os nosos cadetes xa que nesta Liga tan igualada todos os equipos son difíciles. Agardemos unha vitoria dos cadetes o sábado a partir das 16:30 en  Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

INFANTÍS: Reciben na 9º xornada de Liga o Perlío. En teoría, será un partido igualado entre dous equipos que estan situados na zona baixa da clasificación. Non perdades este emocionante e intenso partido de infantís que se xogará en Prados Vellos o sábado a partir das 11:00. ¡¡¡Contamos co voso apoio¡¡¡

FÚTBOL - 8: Xornada incompleta para o fútbol - 8 numantino. Os prebenxamíns descansan por calendario. Os benxamíns viaxan o sábado ata A Capela para enfrotarse a partir das 12:40 o CD As Pontes no seu exilio de Os Calzados. Tamén viaxan e de que maneira os alevíns que xogan o venres a partir das 18:00 no Municipal de Cariño ante o equipo local.

BIBERÓNS: Disfrutarán dunha nova xornada do Torneo de Fútbol - 6  da AFACO o venres a partir das 17:45 no Pavillón de Neda ante o equipo local.

En resumo, agardanos unha xornada cun partido moi importante para os modestos. A Marea Vermella deberá facer un esforzo e acudir a Ortigueira para animar o noso equipo neste partido tan esixente. Os equipos de base intentarán seguir progresando e con boa saude.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en San Claudio, Aneiros, Prados Vellos, Cariño, A Capela ou no pavillón de Neda.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.