Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 8 AO 9 DE FEBREIRO DE 2014.
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 8 AO 9 DE FEBREIRO DE 2014.

RECUPERANDO AS BOAS SENSACIÓNS

Nesta xornada os equipos do Numancia volveron a recuperar as boas vibracións e as vitorias. Foi un fin de semana que deixou moi bo sabor de boca na parroquia numantina. Analizamos:

 

 

 

MODESTOS: Vitoria balsámica ante o Bertón para recuperar o bo camiño e tamén escalar postos na clasificación. Tres puntos importantes para afrontar este esixente mes de febreiro que lles queda por diante; con enfrontamentos directos.Numancia de Ares. Gol de Manu fronte o Bertón (09/02/2014)

XUVENÍS: Vitoria cómoda ante o Racing San Pedro. Parece que neste 2014 os xuvenís encontraron a regularidade que faltaba na primeira volta da competición. Agardemos que sigan neste bo camiño de resultados para escalar mais posicións na clasificación.

CADETES: Golpe enriba da mesa dos nosos cadetes. Despois dun baixón de xogo e resultados nas últimas xornadas; foron capaces o pasado sábado de vencer ó lider da categoría, o Ánimas no campo de A Gándara. Inxección de moral para os cadetes que deberán aproveitar nos próximos partidos para volver a loitar polos primeiros postos da Liga.

INFANTÍS: A piques estiveron os infantís de dar a sorpresa na sua visita ó líder,o Racing de Ferrol. Caeron derrotados pola mínima a pesar de dar unha boa imaxe ante un dos mellores equipos da competición. Seguen medrando.

FÚTBOL - 8: Vitoria dos prebenxamíns en A Malata para seguir no bo camiño. Empate dos benxamíns en Mugardos, nun derbi moi emocionante. Derrota moi axustada dos alevins ante o segundo clasificado en Prados Vellos; o Ortigueira. Nunha xornada de cicloxénesis explosivas foi moi boa a resposta de xogadores e familiares do fútbol - 8 numantino acudindo ós partidos. Noraboa a tod@s.

En resumo, gran xornada con vitorias ou boas sensacións en fútbol - 11 e con compromiso e moita saúde no fútbol - 8. Agardemos que veñan moitas xornadas como esta... iso si, con mellor tempo.

O NUMANCIA SOMOS TOD@S

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.