PREVIA: FIN DE SEMANA DO 8 AO 9 DE FEBREIRO DE 2014.

CAPEANDO O TEMPORAL

Despois dunha semana compricada, con suspensión de adestramentos por culpa das condicións climatolóxicas; os distintos equipos do Numancia afrontan unha nova xornada onde intentarán mellorar actuaciones anteriores. Analizamos a xornada:

 

 

MODESTOS: Reciben na 18ª xornada de Liga a visita do SRD Bertón de Ferrol. Novo partido trampa ante un dos últimos clasificados, moito mais despois do que sucedeu a pasada xornada en Cerdido. Os modestos deberán recuperar as sensación positivas para conseguir a vitoria e volver a mirar hacia arriba. Cita da Marea Vermella co primeiro equipo numantino o domingo as 16:30 en Prados Vellos.

XUVENÍS: Reciben na 20ª xornada de Liga a visita do último clasificado, o Racing San Pedro. En teoría é unha boa ocasión para conseguir unha nova vitoria e atopar a regularidade. Pero xa sabemos que no fútbol da teoría á práctica hai moita distancia. Deberán facer un bo partido os xuvenís; cos que temos unha cita o sábado as 16:30 en Prados Vellos.Equipo Prebenxamín do Numancia instantes antes dun partido (14/09/2013)

CADETES: Visitan na 8ª xornada de Liga o líder da competición, a SRD Ánimas. Os cadetes queren recuperar as boas sensación e sair da mala dinámica en canto a resultados. ¿Qué mellor maneira de facelo que derrotando ó líder a domicilio? Buscaran a vitoria no campo de herba artificial de A Gándara o sábado a partir das 18:00. ¡¡¡Qué non falte o voso apoio¡¡¡

INFANTÍS: Visitan na 8ª xornada de Liga o Racing de Ferrol "B". Partido compricado ante o líder da competición. Os nosos infantís intentarán deixar boa imaxe en Ferrol; sen renunciar á sorpresa. Será o sábado a partir das 10:00 no campo de herba artificial de A Gándara.

FÚTBOL - 8: Desta vez o fútbol - 8 numantino xoga integramente o sábado. As 11:00 en Prados Vellos os alevíns reciben a visita do Ortigueira. Tamén as 11:00 pero en A Pedreira haberá derbi de benxamíns entre G. de Mugardos e Numancia. Por último as 12:00 nos campos de A Malata os prebenxamíns rendirán visita o Racing de Ferrol "B". ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

En resumo, agardanos unha xornada onde o Numancia non se veu afectado pola suspensión da xornada do venres. Agardemos que o tempo mellore e os nosos equipos poidan disputar sin problema os partidos de sábado e domingo; sen mancados e con bos resultados.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, A Gándara, A Pedreira ou na Malata¡¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.