Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 31 DE XANEIRO AO 2 DE FEBREIRO DE 2014.
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 31 DE XANEIRO AO 2 DE FEBREIRO DE 2014.

MOITO QUE TRABALLAR ESTA SEMANA

Nesta xornada rescatamos a vitoria dos xuvenís e a boa imaxe dos infantís pese a derrota. Modestos e cadetes foron a cruz da moeda. Analizamos a pasada xornada:

 

 

 

MODESTOS: Derrota e golpe moral en Cerdido onde caeron derrotados ante o Cebarca. Toca levantar o ánimo esta semana para afrontar os seguintes compromisos da mellor maneira posible.Os Xuvenís celebrando un gol fronte o Cedeira. O Beco 01/02/2014

XUVENÍS: Vitoria importante en Cedeira para coller moral e subir postos na clasificación xeral. Agardemos que os xuvenís atopen a regularidade nos seguintes compromisos.

CADETES: Terceira derrota consecutiva. Desta vez foi o Galicia de Caranza "B" o que aproveitou o bache dos nosos cadetes para levarse tres puntos de Prados Vellos. Toca reaccionar para non perder de vista a cabeza da competición.

INFANTÍS: Derrota ante un dos equipos chamados a loitar polo título, o Portuarios. Boa imaxe dos infantís neste partido onde deron guerra ata o final do mesmo.

FÚTBOL - 8: Vitorias dos alevíns ante o Racing San Pedro e dos prebenxamíns ante o Neda; ambos en Prados Vellos. Os benxamíns xogaron un bo partido en Aneiros ante o Portu "B" pese a caer derrotados. Pese o mal tempo, gran asistencia de nenos a todos os partidos do fútbol - 8. Temos saúde.

BIBERÓNS: Bonito e divertido o que xogaron Numancia e Cabañas no pavillón de Ares na competición AFACO de fútbol - 6 biberón.

En resumo, mala xornada en canto a resultados para os equipos do Numancia. Estamos seguros que co traballo semanal, xuvenís e infantís seguiran na boa línea e os potentes equipos de cadetes e modestos volverán o bo nivel que nos tiñan acostumados. ¡¡¡A traballar duro con ou sen cicloxénesis explosivas¡¡¡

O NUMANCIA SOMOS TOD@S

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.