PREVIA: FIN DE SEMANA DO 31 DE XANEIRO AO 2 DE FEBREIRO DE 2014.

¿MAREA VERMELLA EN CERDIDO?

Última xornada de xaneiro para os equipos do Numancia. Desprazamentos para modestos e xuvenís; namentras que cadetes, infantís e todos os equipos de fútbol - 8 agás os benxamíns xogarán en Ares. Analizamos a xornada:

 

 

 

MODESTOS: Visitan na 17ª xornada da 2ª Autonómica o UD Cebarca. Un partido trampa ante o colista da categoría. Un rival moi duro no seu campo de herba natural do Bernardino Breijo. Os nosos xogadores deberán ser valientes, estar concrentados e dar o 100 por 100 de sí mesmos para evitar a sopresa ante o aguerrido equipo local. Non se poden perder moitos puntos na 2ª volta; e nestos campos e onde se poden esfumar os soños. A primeira pasaxe do soño do Numancia terá lugar este domingo ás 16:15 na parroquia de A Barqueira en Cerdido. ¿Imos de excursión? Agardemos que domingo a domingo todos nos subamos o tren da loita por alcanzar os primeiros postos da categoría. ¡¡¡A Cerdido tod@s¡¡¡ Recordade, domingo ás 16:15. (Viaxe de 35 minutos aprox...)Benxamíns Numancia - Portuarios (04/10/2013)

XUVENÍS: Visitan na 19ª xornada de Liga o campo de O Beco para xogar ante o Cedeira. Os nosos xuvenís levan dous empates neste 2014. O sábado as 16:00 en terras cedeiresas intentarán sumar a primeira vitoria do ano para seguir escalando postos na clasificación.

CADETES: Reciben na 7ª xornada de Liga a visita do Galicia de Caranza "B". ¿Qué podemos dicir dos cadetes? Gran 2013 alcanzando a final de Copa e cun bo comezo en Liga. Mal 2014 ata o momento con duas derrotas consecutivas que trouxeron a consecuencia de caer a zona media da clasificación. ¡¡¡¡Qué disfruten¡¡¡¡ O que teñá que vir virá. O sábado ás 16:00 e obrigatorio acudir a Prados Vellos para animar os rapaces do equipo cadete. ¡¡¡As duras e as maduras¡¡¡ Non faltedes.

INFANTÍS: Reciben na 7ª xornada de Liga a un dos favoritos ó título absoluto da categoría infantil, o potente Portuarios. Un equipo ormado integramente por xogadores de último ano. Os nosos infantís buscarán compricarlle as cousas os de Ferrol Vello e aproveitar a experiencia de competir cos mellores. Bo partido de fútbol infantil o sábado as 11:00 en Prados Vellos. Pasaremos lista.

FÚTBOL - 8: Novamente todas as categorías xogan o venres. En Prados Vellos haberá festa do fútbol - 8. As 17:00 os prebenxamíns reciben ó Rápido de Neda. As 18:00 os alevíns reciben o Racing San Pedro. Os benxamíns xogan en Aneiros - Serantes as 18:30 ante o Portuarios.

BIBERÓNS: Nova festa do fútbol biberón no Pavillón de Ares. Será o venres as 18:30 cando Numancia e Cabanas xoguen unha nova xornada do Torneo AFACO de fútbol - 6. Asistir a este partido é unha terapia de humor altamente recomendable.

En resumo, xornada onde teremos tanto venres como sábado moito fútbol en Prados Vellos. Unha sesión de fútbol base na cantina e gradas de Prados Vellos sempre é unha boa opción para combatir o mal tempo. E para o domingo nos queda a excursión da MAREA VERMELLA a Cerdido. Os nosos modestos teñen que ter o máximo apoio posible nesta esixente última volta da competición de Liga.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Pavillón de Ares, Serantes, Cedeira e Cerdido.¡¡¡

O Numancia somos tod@s. A Marea Vermella tamén.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.