ITV: FIN DE SEMANA DO 24 AO 26 DE XANEIRO DE 2014.

DE TODO COMO EN BOTICA

Nesta xornada, os equipos do Numancia obtiveron resultados dispares. Dende a importante vitoria dos afeccionados ata a dura derrota dos cadetes. Analizamos a penúltima xornada de xaneiro:

 


 



MODESTOS: Vitoria vital dos numantinos ante o correoso Rosalía de Vilaboa para seguir na zona alta da clasificación. Non poden perder moitos puntos nesta segunda volta se queren ter opcións de loitar polo máximo. Agardemos tamén que pouco a pouco o primeiro equipo vaia recuperando efectivos.Prebenxamíns Numancia de Ares

XUVENÍS: Novo empate dos xuvenís, desta vez en Prados Vellos ante o Rápido de Neda. Non foi un bo partido do equipo xuvenil con baixas; xa que dous dos seus xogadores non xogaron co equipo para xogar todo o partido cos modestos na tarde do domingo. ¡¡¡Esa e a principal función do equipo xuvenil¡¡¡ Noraboa polo compromiso co club e polo traballo.

CADETES: Segunda derrota consecutiva na Liga, desta vez en Cedeira na mañá do domingo. Os cadetes están a pasar o momento mais compricado da temporada. Pero de sobras sabemos que teñen calidade, fondo de armario e ilusión de sobra para volver a mirar cara arriba. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡

INFANTÍS: Derrota como locais ante o Racing San Pedro nun partido raro. Non estiveron os infantís ó nivel que nos acostumaron neste 2014. Deberán traballar moi forte para afrontar nos próximos 15 días dous partidos ante os equipos da cabeza da categoría.

FÚTBOL - 8: Vitoria dos prebenxamíns no Cadaval fronte o Narón “B”, e dos benxamíns en Ares ante o Val "B". Derrota dos alevíns en Caranza. Pese o mal tempo todos os equipos de fútbol - 8 contaron con moitos nenos para xogar os partidos. Esa é a principal vitoria, o compromiso de todos co fútbol.

BIBERÓNS: Xogaron un novo partido do Torneo de Fútbol - 6 AFACO. Desta vez os que asistiron o partido entre Numancia e CD As Pontes no pavillón de Ares poideron ademais de divertirse; comprobar a melloría dos nenos de ambos equipos.

En resumo, xornada non moi boa en canto a resultados; aínda que a vital vitoria dos modestos deixounos un bo sabor de boca na tarde do domingo. Agardemos que pase este inverno; e que todos os equipos recuperen efectivos; xa que a enfermería esta mais chea do que nos gustaría. ¡¡¡O importante é ter saude¡¡¡

O NUMANCIA SOMOS TOD@S

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.