Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 17 AO 19 DE XANEIRO DE 2014.
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 17 AO 19 DE XANEIRO DE 2014.

A IMPORTANCIA DA FAMILIA

A segunda xornada de 2014 foi bastante peor que a primeira en canto a resultados. Rescatamos outras cousas positivas no análisis da xornada que facemos a continuación:

 


 

MODESTOS: Caeron derrotados en Cedeira ante o líder da competición, no último partido da segunda volta. Contaron neste partido coa axuda de tres xuvenís. Toca recuperar efectivos e loitar por todo na segunda volta da competición.Sarabia sobre Prados Vellos (18/01/2014)

XUVENÍS: Agridoce e meritorio empate dos xuvenís en O Val. Non poideron aguantar a vantaxe na segunda metade; nun partido que xogaron cun plantel moi mermado e onde contaron coa axuda de dous cadetes.

CADETES: Derrota ante o CD As Pontes en Prados Vellos. A forte sarabia descentrou ós numantinos; que se viron superados por un equipo que se adaptou moito mellor as circunstancias do partido e do terreo de xogo. Toque de atención para os cadetes. Nesta Liga para estar arriba haberá moita tela que cortar.... ¡¡¡Ánimo campións¡¡¡

INFANTÍS: Boa imaxe dos infantís en Caranza a pesar de caer derrotados ante un dos finalistas de Copa como é o G. Caranza "B". Segue a boa línea de mellora dos infantís neste 2014. Agardemos que dure moito tempo.

FÚTBOL - 8: Os alevíns caeron ante o SD Barallobre e os prebenxamíns venceron o Eume Deportivo nunha mañá de sábado en Prados Vellos. O mais importante é que non houbo lesións nin incidentes extradeportivos que lamentar.

BIBERÓNS: Foron de excursión ata o pavillón de Vilarmaior para xogar ante o Eume Deportivo. Segundo nos contan desfrutaron moito do partido e tamén da paisaxe.

En resumo, mala xornada para o Numancia en canto a resultados. Destacamos positivamente deste fin de semana a importancia da familia. Os cadetes axudaron ós xuvenis; e os xuvenís axudaron ós modestos. En tempos de inverno, gripes ou lesións a colaboración entre todos os membros da extensa familia numantina é fundamental. Saúde para todos e a recuperar efectivos.

Esta semana máis que nunca:

O NUMANCIA SOMOS TOD@S

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.