PREVIA: FIN DE SEMANA DO 17 AO 19 DE XANEIRO DE 2014

A SEGUIR POLO BO CAMIÑO

Segunda xornada do ano para os equipos do Numancia. Agardemos que esta nova xornada sea tan exitosa como a primeira de 2014. Non serán fáciles os partidos para os nosos conxuntos. Analizamos a xornada con detalle:

 

 

MODESTOS: Intensa e importante fin de semana para o primeiro equipo do Numancia. O venres as 20:45 en Prados Vellos xogarán un amigable ante o AD Miño, equipo da 1ª Autonómica.

Sen dúbida o prato forte chegará o domingo co partido correspondente a 15ª xornada da 2ª Autonómica. O Numancia buscará asaltar o fortín de O Beco. Alí agarda o líder da categoría, o Cedeira SD, un equipo descendido da 1ª Autonómica que conta cun bloque de xogadores moi sólido. Difícil papeleta para os numantinos este fin de semana, pero co apoio da Marea Vermella estamos seguros que o Numancia seguirá forte en 2014 e traerá algo positivo de terras cedeiresas. ¡¡¡¡O domingo as 16:00 a Marea Vermella ten que acudir a Cedeira para animar o Numancia neste esixente partido¡¡¡Alevíns Numancia de Ares (Prados Vellos 14/09/2013)

XUVENÍS: Visitan na 17ª xornada de Liga a SD Val "B". Logo da vitoria da pasada semana os xuvenís numantinos intentarán atopar a regularidade que faltou durante toda a competición. Estamos seguros de que o conseguirán en terras valexas. Cita cos xuvenís o domingo as 12:00 no campo de herba artificial de O Sinde en O Val.

CADETES: Reciben na 5ª xornada de Liga o CD As Pontes. Os equipos ponteses sempre se caracterizan pola sua seriedade e bo traballo físico. Será sen dúbida un rival compricado para os numantinos. Unha proba que deberán superar para seguir nos postos de privilexio da clasificación. A cita obrigatoria cos cadetes será o sábado as 16:00 no fortín de Prados Vellos.

INFANTÍS: Visitan na 5ª xornada de Liga o Galicia de Caranza "B". Os infantís despois da vitoria da semana pasada ante o Meirás, rendirán visita a un dos finalistas de Copa que tivo un comezo algo irregular de Liga. O equipo numantino intentará seguir sumando minutos ante rivais de entidade; confirmar as boas sensación e buscar a sorpresa o sábado as 10:00 no Municipal de Caranza; previo madrugón incluido. ¿A quén madruga Deus lle axuda? Agardemos que si.

FÚTBOL - 8: Xornada incompleta para o fútbol - 8 numantino. A festa do fútbol - 8 terá como protagonistas o sábado en Prados Vellos aos alevíns que reciben a SD Barallobre as 10:30 e aos prebenxamíns que reciben as 11:30 o Eume Deportivo. Os benxamíns descansan. Cita obrigada cos pequenos do Numancia o sábado durante toda a mañá en Prados Vellos.

BIBERÓNS: Nova xornada do Torneo de fútbol - 6 de AFACO. Desta vez os biberóns do Numancia ademais de fútbol terán unha visita turística. Xogarán o venres as 18:30 ante o Eume Deportivo no pavillón do Concello de Vilarmaior. Calqueira sitio é válido para disfrutar do fútbol mais inocente que existe.

En resumo, xornada onde descata o importante compromiso dos modestos en Cedeira. Agardemos noticias positivas do primeiro equipo neste compricado desprazamento e tamén que os equipos de base sigan polo bo camiño neste 2014. ¡¡¡Necesitan para conseguilo o fiel apoio da Marea Vermella¡¡¡

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Cedeira, O Val, Prados Vellos, Caranza ou no pavillón de Vilarmaior¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.