Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 10 AO 12 DE XANEIRO DO 2014
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 10 AO 12 DE XANEIRO DO 2014

INMELLORABLE COMEZO DE 2014

Primeira xornada de ano para os equipos do Numancia. Non poido ser mellor o comezo de 2014; con pleno de vitorias nos partidos de fútbol - 11. Analizamos a xornada:

 

  

 

MODESTOS: Importante e valiosa vitoria ante un rival directo como o Mandiá en Prados Vellos. Inmellorable maneira de comezar o ano para os modestos; antes de afrontar o último partido da primeira volta en Cedeira.Infantís celebrando un gol fronte o Meirás (Prados Vellos 11/01/2014)

XUVENÍS: O 2014 inagurouse cunha necesaria vitoria ante o Meirás para os xuvenís. Sen dúbida unha boa inxección de moral para reforzar o compromiso e bo traballo dos xuvenís de cara o novo ano que comeza.

CADETES: Venceron con algúns apuros o Portuarios "B" en Aneiros. Sen dúbida foi un partido para dar fe do esixente que será esta categoría cadete. Necesitarán esforzarse e traballar moito semana a semana os cadetes numantinos para manterse na zona alta da clasificación durante toda a competición de Liga.

INFANTÍS: Conseguiron a primeira vitoria na esixente liga dos mellores equipos infantís da comarca. A primeira víctima foi o Meirás que se atopaba na zona alta da clasificación. Foi unha boa proba de que os infantís non darán ningún partido por perdido neste 2014 e que poden sorprender a calquera rival. Bo premio para seguir traballando con mais ánimo semana a semana.

FÚTBOL - 8: Houbo de todo no fútbol -8. Vitoria dos prebenxamíns en Caranza e derrotas dos benxamíns e alevíns na Malata e no Cadaval de Narón. O que non houbo foron lesións nin incidentes extradeportivos; isto e para nos moito mais reconfortable que os resultados nestas categorías de formación como son as de fútbol - 8.

BIBERÓNS: Comezaron o ano cun novo partido do Torneo AFACO de fútbol - 6. Nesta ocasión debutaron no Pavillón de Ares onde deleitaron os espectadores cun entretido e divertido partido ante o Rápido de Neda.

En resumo, gran comezo de 2014, cheo de vitorias. Agardemos que veñan moitos mais fines de semana como este. Para conseguir pasar a ITV intacta como neste primeiro fin de semana, haberá que traballar duro durante a semana no taller de Prados Vellos. ¡¡¡Noraboa a todos os equipos por este gran comezo de 2014 e moito ánimo para seguir traballando¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.