PREVIA: FIN DE SEMANA DO 10 AO 12 DE XANEIRO DO 2014

COMEZAMOS 2014 CON LICENCIA PARA SOÑAR

Volve o fútbol para os distintos equipos do Numancia tras o parón do Nadal. Este primeiro fin de semana ven cargado de partidos en Prados Vellos e con desprazamentos para cadetes e fútbol - 8. Analizamos a próxima xornada:

 

 


MODESTOS: Reciben na 14ª xornada de Liga o Mandia CF. Quedan dous partidos para terminar a primeira volta. Este domingo visita Prados Vellos o descendido Mandía; un equipo forte que como o Numancia intenta non descolgarse dos primeiros postos da clasificación. Partido importante para o Numancia este domingo ante un dos moitos rivais directos; antes de afrontar unha difícil saía a Cedeira. Volve a 2ª Autonómica o domingo a Prados Vellos cun auténtico partidazo. A Marea Vermella ten que meter o primeiro gol do Numancia neste importante partido para comezar ben o ano. ¡¡¡Totalmente prohibido faltar¡¡¡ Domingo ás 16:00 en Prados Vellos.Instante partido biberóns Numancia - R. de Neda (Pavillón de Ares 15/01/2013)

XUVENÍS: Reciben na 16ª xornada de Liga o Meirás CF. Os xuvenís intentarán neste 2014 obter premio a seu bo traballo semanal, bo comportamento e compromiso co Numancia. O mellor premio sería comezar a ter mellores resultados que en 2013 e así poder consolidarse na zona media - alta da clasificación. A primeira oportunidade de coller folgos será este sábado a partir das 16:00 en Prados Vellos ante un rival de nivel parello como é o Meirás CF. O sábado as 16:00 en Prados Vellos os xuvenís necesitan o noso apoio. ¡¡¡¡Non faltedes¡¡¡

CADETES: Visitan na 4ª xornada de Liga ó Portuarios "B" no remozado campo de Aneiros en Serantes. Xogarán ante un rival que pola sua condición de filial sempre é perigoso; xa que nunca sabes o que podes encontrar. Concentración, boa actitude e bo facer serán moi necesarios para que os cadetes consigan a vitoria en Ferrol e sigan nos postos de cabeza na Liga. Sábado ás 12:00 en Aneiros.

INFANTÍS: Reciben na 4ª xornada de Liga o Meirás CF. Logo dun periodo de adaptación a Liga dos mellores equipos infantil da comarca; o equipo infantil do Numancia intentará amosar a sua progresión buscando conseguir algúns puntos neste mes de xaneiro. A primeira oportunidade para intentalo será este sábado as 11:00 en Prados Vellos ante o Meirás CF. Agardemos ver o sábado as 11:00 en Prados Vellos a boa progresión dos infantís. ¡¡¡Acudide¡¡¡

FÚTBOL - 8: O fútbol - 8 xoga o venres. As 18:00 os prebenxamíns visitan Caranza para xogar ante o equipo anfitrión. Os benxamín teñen un compricado partido a partir das 17:45 en A Malata ante o Racing de Ferrol "D". Os alevíns mídense en O Cadaval ante o Narón "B" a partir das 18:00 tamén do venres.

BIBERÓNS: Volve o fútbol biberón o Pavillón de Ares. Será este venres a partir das 18:00 cando os mais pequenos de Numancia e Rápido de Neda disfruten dunha nova xornada do Torneo de Fútbol - 6 da AFACO. ¡¡¡Moi recomendable a asistencia¡¡¡

En resumo, comeza 2014 para o Numancia a nivel competitivo. Agardemos que o parón navideño non afecte aos nosos equipos. Desexamos que as escuadras numantinas teñan bos resultados para empezar ó ano; e sobretodo, que non se lastime ninguén.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Aneiros, O Cadaval, A Malata, en Caranza ou no Pavillón de Ares ¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.