Inicio Noticias Xerais III TRIANGULAR DE PEÑAS DEPORTIVAS ARESANAS.
 
 

III TRIANGULAR DE PEÑAS DEPORTIVAS ARESANAS.

FERMOSO DÍA DE CONVIVENCIA PEÑISTA

Eran as 11:30 do sábado cando Prados Vellos acollía os xogadores da Peña Deportivista Aresana, Peña Barcelonista Aresana e Peña Madridista Aresana. Os partidos estaban programados para as 12:00. As 11:45 unha forte granizada cubría Prados Vellos de branco; unha cor que dominaría nos partidos da mañá. Cun Prados Vellos collendo forma en canto a xogadores, espectadores, prensa e representantes das Peñas comezaban os encontros de dous tempos de 15 minutos que relatamos a continuación:


Ares, 28 de decembro de 2013.

PEÑA MADRIDISTA, 4 – PEÑA BARCELONISTA, 0

Comezaba a mañá cun clásico. Merengues e culés loitaban con forza para levarse o derbi. O equipo branco contaba cunha alternaba veterania e xuventude nas súas filas. Os blaugranas (hoxe de negro) tiñan un equipo mixto, con algún xogador extranxeiro e con representación de todas as idades. Finalmente o bo facer da Peña Madridista valeulle para levarse o partido con claridade.

PEÑA DEPORTIVISTA, 5 – PEÑA BARCELONISTA, 2

A posta en escea dos deportivista foi espectacular. Moita xuventude e dous veteráns de guerra. Marcaron o ritmo dende o principio e sentenciaron ó encontro xa no tempo de descanso. Na segunda metade os culés tiveron premio o seu bo esforzo durante o Torneo e conseguiron dous goles por medio do seu xogador mais determinante; Pablo Mahía que anotaba un golazo de falta directa e outro de penalti.

PEÑA MADRIDISTA, 1 – PEÑA DEPORTIVISTA, 0

Chegaba a "final" do Torneo que non defraudou os espectadores. Dous bos equipos se enfrentaban. Os merengues cun bo porteiro, un inconmensurable Mon na defensa, e a velocidade de Martín e Rafita nas bandas facían fronte a un equipo deportivista con xogadores xóvenes ben escoltados polo gato "Rayito" na portería e polo infatigable Fran Bardanca na medular. Finalmente un gol do xogador infantil do Numancia, Martín decidiu a final e proclamou campión do Torneo a Peña Madridista de Ares por segundo ano consecutivo.

Unha vez rematados os partidos; os compoñentes dos equipos e das peñas desprazáronse ata o Hostal Villa de Ares para disfrutar dun xantar de confraternidade. Non faltaron as tertulias, as risas, a música e as anécdotas.

Para clausurar ó acto, o concelleiro de deportes do Concello de Ares, D. Jose Juan Vilar entregou os representantes das distintas peñas, o colexiado do Torneo e os representantes do Numancia varios agasallos en agradecemento pola participación neste III Torneo de Peñas Deportivas Aresanas que co paso do tempo segue a ter un rotundo éxito que crece ano tras ano. Tamén recibiu o "Balón de Oro" do Torneo o atacante da Peña Deportivista Aresana, Pablo Mahía.

En resumo, unha gran xornada de convivencia entre as Peñas Futbolísticas de Ares. Moitas caras coñecidas e veciños de Ares e Mugardos que disfrutaron dun gran día de fútbol, convivencia, tertúlía, música e bos momentos que tanta falta fan nestos tempos nos que vivimos.

Dende o Numancia; tal e como dixo o representante do club no seu discurso no Hostal Villa de Ares sempre teremos as portas de Prados Vellos abertas para este tipo de xornadas de convivencia futboleira. E unha honra para nós ser anfitrións de tanta xente relacionada co fútbol. Agardamos ter estado a altura das circunstancias. ¡¡¡Moitas grazas a tod@s pola vosa confianza e participación¡¡¡ Desfrutade agora da galería fotográfica do Torneo.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.