Inicio Noticias Xerais O NUMANCIA TERÁ A SUA MASCOTA NO 2014
 
 

O NUMANCIA TERÁ A SUA MASCOTA NO 2014

Coa chegada do novo ano, unha nova aficionada sumarase a Marea Vermella e por extensión a familia do Numancia. Falamos de ROXIÑA, a nova mascota do Numancia. Nestos últimos días de 2013 o persoal do Numancia trata de darlle forma a nova mascota numantina. O que si está claro e que ROXIÑA estará presente en todos os partidos que o primeiro equipo xogue en Prados Vellos e tamén na maioría dos partidos de base que se celebren no noso terreo de xogo.

 

Ares, 28 de decembro do 2013.


¿Qué aspecto terá finalmente ROXIÑA? ¿A qué animal representará? Nestos últimos días de 2013 tomarase unha decisión definitiva; xa que está previsto que o debut de ROXIÑA teña lugar o vindeiro 12 de xaneiro con motivo do partido de 2ª Autonómica entre o Numancia e o Mandiá CF; onde ROXIÑA será presentada en público e fará o saque de honra do devandito partido.

Se queredes axudar ó persoal do Numancia a buscarlle a forma definitiva a ROXIÑA, non dubidedes en contactar con calquer membro do Numancia para aportar as vosas suxestións. Entre todos faremos de ROXIÑA un gran reclamo do Numancia e un motivo mais de acudir ó fútbol para os nenos e nenas de Ares.

Boa nova para terminar o 2013, ROXIÑA únese a Marea Vermella.

O Numancia somos tod@s¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Santos Inocendes 2013.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.