O PRESIDENTE NO TRIANGULAR DAS PEÑAS

 LENDOIRO XOGARÁ EN PRADOS VELLOS

O aínda presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, confirmoulle esta mañá a José Juan Vilar,concelleiro de deportes aresán, a súa asistencia ao triangular das peñas futbolísticas aresás, organizado polo concello de Ares. E insinuou que quizás se atreva a vestir a camisola deportivista durante uns minutos no terceiro e último partido do triangular.
 
 
Ares, 28 de decembro de 2013
 
Posiblemente será un dos últimos actos que realice coma presidente do club e que mellor “retirada” que vestirse coas cores branquiazuis para despois colgar a camisola. Lembrando os seus tempos mozos, Lendoiro xogará co número 6, o correspondente á posición de medio centro, a súa demarcación preferida, aquela que permite repartir o xogo e organizar os ataques do equipo. Tanto no campo coma nos despachos, ao presi sempre lle gustaron as tarefas de organización.
 
Tamén sabemos da intención da directiva da peña deportivista de Ares de sortear esa camisola de Lendoiro entre os asistentes ao xantar de confraternidade que se celebra despois do partido. Sería o propio presidente deportivista o que faría a entrega da súa camiseta.
E finalmente, a partir das 18.30 h. visitará o concello de Ares, onde o sr. alcalde, d. Julio Iglesias, lle fará entrega dun agasallo en gratitude polas atencións recibidas. Estímase que desde as 19.00 ata as 20.00 h. Lendorio estará dispoñible para fotografarse con todos aqueles siareiros que o desexen.
 

Santos Inocentes 2013. 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.