PREVIA: FIN DE SEMANA DO 20 AO 22 DE DECEMBRO DO 2013.

INTENSA XORNADA PARA DESPEDIR Ó 2013

Última xornada para os distintos equipos do Numancia antes de coller as vacacións de Nadal. Sábado cheo de partidos en Prados Vellos e domingo con desprazamento compricado para os modestos. Analizamos a xornada:

 


MODESTOS: Visitan na 13ª xornada de Liga o compricado campo de A Veiga. Un terreo de xogo de herba natural, irregular e de reducidas dimensións. Alí espera o Narahío, un equipo duro que de seguro compricará moito as cousas ó noso equipo. Última excursión da Marea Vermella neste 2013. Toca animar o Numancia neste compricado desprazamento e conseguir entre todos rematar 2013 co Numancia entre os mellores da 2ª Autonómica de Ferrolterra. O domingo ás 16:00 cita obrigada para tod@s en Narahío. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡Instante do partido de modestos Narahío-Numancia da pasada temporada (28/10/2012)

XUVENÍS: Visitan na 15ª xornada o campo de A Piscina para xogar ante o CD San Sadurniño. Partido entre dous equipos que se atopan na zona media da clasificación e que tentarán vencer no último partido do ano para subir postos. A cita será o sábado as 16:00 en San Sadurniño.

CADETES: Reciben na 3ª xornada de Liga ó Cultural Maniños. Non se pode escapar a vitoria neste partido; para terminar este bonito 2013 para os cadetes entre os primeiros clasificados da Liga. Cita obrigada co equipo cadete o sábado as 16:00 en Prados Vellos.

INFANTÍS: Visitan na 3ª xornada de Liga as instalacións de O Poboado para medirse o CD As Pontes. Difícil desprazamento para os infantís do Numancia que intentarán sorprender o As Pontes na sua casa ó igual que fixo o Meirás fai duas semanas. A última cita de 2013 para os infantís será o sábado as 11:00 en As Pontes.

FÚTBOL - 8: ¿Qué mellor maneira de rematar o ano que con festa do fútbol - 8 en Prados Vellos? O sábado as 10:00 os alevíns reciben o Rápido de Neda. As 11:00 os benxamíns xogan ante o CD As Pontes "B". Pechan o 2013 para o fútbol - 8 numantino os prebenxamíns que reciben a partir das 12:00 o SDR Ánimas. ¿Quén da mais? O sábado pola mañá todos a Prados Vellos para disfrutar cos nenos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

En resumo, última xornada de 2013 para os equipos do Numancia. Agardamos conseguir bos resultados para celebralos en Navidad. Que non se lastime ninguén e que a Marea Vermella acompañe os distintos equipos; especialmente na festa do fútbol base en Prados Vellos o sábado e na invasión a Narahío o domingo. Estamos completamente seguros de que non faltará ninguén.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.