Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 13 AO 15 DE DECEMBRO DE 2013
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 13 AO 15 DE DECEMBRO DE 2013

INTERESANTES PARTIDOS EN PRADOS VELLOS

Penúltima xornada oficial de 2013 para os distintos equipos do Numancia. Destacan este fin de semana os partidos de xuvenis e modestos en Prados Vellos, onde reciben a rivais da zona alta da clasificación. Analizamos a xornada:

 

 

MODESTOS: Reciben na 12ª xornada de Liga ó ADC A Capela. Partido nas alturas da 2ª Autonómica onde ambos equipos buscarán a vitoria para reducir distancias cos dous primeiros clasificados. Interesante envite ante un rival directo. Os modestos queren despedir ó 2013 no mais alto e para iso necesitan o gran apoio da Marea Vermella neste último partido de 2ª Autonómica en Ares neste 2013. Cita obrigada co primeiro equipo o domingo a partir das 16:00 en Prados Vellos. ¡¡¡Cita de obrigada asistencia¡¡¡

XUVENÍS: Reciben na 14ª xornada de Liga a un dos equipos da zona alta; o Galicia de Caranza "B". Boa ocasión para medir o potencial dun equipo xuvenil que intentará levarse a vitoria para ir subindo postos na clasificación. Potencial teñen de sobra. Cita obrigada no último partido de xuvenís en Ares neste 2013 o próximo sábado as 16:00 en Prados Vellos.Instante do partido de biberóns Numancia - EF Cabanas da pasada temporada (29/01/2013)

CADETES: Visitan na 2ª xornada de Liga ó Racing de Ferrol "B". Logo da derrota ante o Meirás, os nosos cadetes intentarán retomar as boas sensacións da Copa para conseguir os primeiros tres puntos dun longo camiño na Liga. Será o sábado as 11:00 no campo de herba artificial de A Gándara.


INFANTÍS: Reciben na 2ª xornada de Liga a SD O Val. Bo partido para os infantís ante un dos "galos" da competición. Os numantinos terán que estar moi concentrados e intensos durante todo o partido se queren compricarlle as cousas os valexos. Enerxía e compromiso teñen de sobra. Boa ocasión para comprobalo o sábado a partir das 11:00 en Prados Vellos.

FÚTBOL - 8: Alevíns e prebenxamíns por fin comezan a competición de Liga. Os prebenxamíns xogarán o venres a partir das 17:30 no Municipal de Miño ante o equipo local. Os alevíns visitan o campo de Aneiros en Serantes para medirse ó Portuarios "B" o venres as 18:00. Tamén o venres a partir das 18:15 xogan os benxamíns en Pontedeume na 4ª xornada de Liga ante o Eume "B".

BIBERÓNS: Comeza o Torneo AFACO de fútbol - 6 en pista para os mais pequenos. Un Torneo para refuxiarse do frío e da choiva do inverno; e na que os nenos xogarán nunhas dimensións mais reducidas; tendo polo tanto mais participación no xogo. A primeira ocasión de comprobalo será este venres a partir das 17:30 no pavillón de San Martín do Porto ante o EF Cabanas.

En resumo, bonita fin de semana de fútbol en Prados Vellos. Importantes e compricados partidos na casa para infantís, xuvenís e modestos nos que a MAREA VERMELLA ten que anotar o primeiro gol. ¡¡¡¡Non faltedes¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.