Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 6 AO 8 DE DECEMBRO DO 2013
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 6 AO 8 DE DECEMBRO DO 2013

A CANTEIRA Ó PODER

Comezou o mes do Nadal para o Numancia con resultados dispares, pero con sensacións bastante positivas. Analizamos a continuación a xornada da pasada fin de semana:

 

 

 A.D.R. Numancia de Ares. Importante victoria de los aficionados en el difícil campo de Cariño.MODESTOS: Vitoria importante nun terreo de xogo e ante un equipo compricado como é o do Cariño. Tres puntos importantes para seguir na zona alta da clasificación e para coller moita moral de cara as dúas últimas xornadas do 2013.

XUVENÍS: ¡¡¡HABEMUS VITORIA¡¡¡ Por fin os xuvenís atoparon o premio o seu esforzo semanal. Chegou unha vitoria moi necesaria a domicilio ante o Cultural Maniños.

Ademais, 4 xuvenís do Numancia axudaron na victoria dos modestos en Cariño. Gran compromiso duns xogadores xuvenís que sempre están o servicio do Numancia; e que de seguro, seguirán medrando conforme avance a temporada.

CADETES: Caeron derrotados en Prados Vellos ante un rival directo como é o Meirás. A Liga non fixo mais que comezar; tempo hai de sobra para correxir os erros deste partido e buscar a vitoria nos seguintes compromisos.

INFANTÍS: Deron unha gran imaxe en Pontedeume a pesares de caer derrotados ante o equipo local. Con esa entrega e sacrificio poden dar varias sorpresas agradables na competición ligueira que comezou a pasada fin de semana.

FÚTBOL - 8: Alevíns e prebenxamíns tiveron a sua última xornada de descanso antes de comezar a Liga. Os benxamíns venceron con comodidade ó San Sadurniño en Prados Vellos na terceira xornada de liga.

En resumo; xornada na que as categorias mais altas do Numancia; modestos e xuvenís conseguiron vencer axudándose entre eles. A canteira foi a protagonista na pasada fin de semana; cumprindo co seu cometido principal; nutrir e axudar o primeiro equipo. ¡¡¡Así funcionan as mellores familias¡¡¡ Pasamos a ITV con nota; agardando que cadetes e infantís teñan mais sorte a vindeira fin de semana.

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde destaca o partido nas alturas dos modestos o domingo en Prados Vellos ante un rival directo como é o ADC Capela.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.