SELECCIONS SUB-14. FERROLTERRA - SANTIAGO.

O NUMANCIA REPRESENTADO A NIVEL GALEGO

Partido correspondente a Semifinal Norte de Seleccións comarcais disputado na mañá do venres no Municipal de Caranza.

 


Ferrol 6 de decembro do 2013

Selección de Ferrol: Andrés Pena, Javi Varela, Carlos, Alberto, Couselo, Miguel, Cristofher, Sergio, Andrés Barcón, Luís e Antón López. Tamén xogaron: Kevin, Antón Quindimil, Sanmartín, Adrián, Martín, Jesús e Manu.

Seleccionador: Fernando Núñez

Delegado: Héctor Rico

Nada mais e nada menos que 11 clubs da comarca estaban representados na mañá do venres en Caranza. Numancia, Cultural Maniños, Racing de Ferrol, Portuarios, Galicia de Caranza, Ortigueira, As Pontes, Miño, Cedeira, Racing San Pedro e Ánimas. Todos eles aportaban xogadores a esta Selección Sub 14 de Ferrolterra para xogar ante a Selección de Santiago.

Por parte do Numancia de Ares participaba o xogador cadete Antón López que saía no equipo titular na posición de extremo esquerdo. Antón disputou unha boa primeira metade a nivel individual, na que a Selección local estivo moi presionada pola selección santiaguesa.  O resultado o final da primeira metade era de 1 - 1. O gol de Ferrolterra era gracias a conexión de Ortigueira, Luís -  Andres Barcón; sendo este último o autor do tanto.

Na segunda metade, xa sen o representante do Numancia no campo vimos un partido equilibrado cun gol para ambos equipos. O gol de Ferrolterra foi obra dun defensor rival en propia meta logo dunha gran ocasión e da presión asfixiante do xogador do Ánimas, Jesús. Co resultado de 2 - 2 chegábamos ó final do partido; tendo que decidirse o pase a final na quenda de penaltis.

Na lotería dos penaltis, houbo nada mais e nada menos que 16 lanzamentos por parte de cada Selección. Finalmente unha boa parada de Kevin e a templanza de Javi Varela para transformar o lanzamento definitivo daba o pase a Selección de Ferrolterra para a gran final.

En definitiva, gran festa do fútbol comarcal, na que tamén participaron as seleccións sub 12 masculina e as seleccións sub 14 e sub 12 feminina. Bo nivel dos sub 14 da comarca; equipo que ao igual que a selección sub 12 feminina pasa a final do Torneo de Selecciónns.

A Selección de Ferrolterra xogará a Final Galega nun cuadrangular en data e lugar por determinar ante a Selección de Coruña e ante os dous vencedores da zona Sur: Vigo, Ourense ou Pontevedra.

¡¡¡Noraboa rapaces e a seguir disfrutando e representando o fútbol comarcal¡¡¡

 

Selección Sub-14 de Ferrolterra. Caranza 06/12/2013Selección Sub-14 de Ferrolterra. Caranza 06/12/2013

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Instante do partido Selección Sub-14 Ferrolterra - Santiago. Caranza 06/12/2013Instante do partido Selección Sub-14 Ferrolterra - Santiago. Caranza 06/12/2013

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.