Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 29 DE NOVEMBRO AO 1 DE DECEMBRO.
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 29 DE NOVEMBRO AO 1 DE DECEMBRO.

ORGULLOSOS DOS CADETES

Última fin de semana de novembro onde a clasificación dos cadetes para a final de Copa endulzou un fin de semana que non foi demasiado positivo en canto a resultados. Analizamos.

 


MODESTOS: Sumaron un punto en Prados Vellos ante o Ánimas para non perder comba cos primeiros postos da clasificación.

XUVENÍS: Non están tendo sorte nunhas últimas xornadas cheas de derrotas. Nesta ocasión foi o Ánimas o que se levou a vitoria de Prados Vellos. Estos xuvenís do Numancia teñen compromiso e calidade de sobra para levantarse. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡Instante do agradecemento dos cadetes aos afeccionados no partido fronte o R. San Pedro (30/11/2013)

CADETES: Un sono cumplido. Venceron por 0 - 12 ó Racing San Pedro en A Gándara. Con esta vitoria clasificáronse para a final de Copa a disputar en maio ante o Meirás. Primeiro éxito do Numancia nesta temporada. Agardemos que sexan moitos mais repartidos entre todas as categorías. ¡¡¡Noraboa campións¡¡¡

INFANTÍS: Finalizaron a competición de Copa cunha derrota instrascendente ante o EF Galicia de Caranza a domicilio. O bo papel na competición de Copa; valeulles para clasificarse para a Fase Final da Liga Infantil onde xogarán os 12 mellores equipos infantís da bisbarra. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡

FÚTBOL - 8: Os benxamíns venceron ó Portuarios "B" en Aneiros. Prebenxamíns e alevíns descansaron.

BIBERÓNS: Xogaron o último partido da primeira fase da Liga AFACO de fútbol - 8 en Neda onde disfrutaron moito e fixeron novos amigos.

En resumo, unha xornada na que os cadetes amosaron o camiño dos exitos. Constancia, fútbol e calidade. Soamente por eso, polo traballo de canteira refrendado por un novo éxito o Numancia pasa a ITV con nota este fin de semana.

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde destaca o partido entre campións de grupo de cadetes; Numancia - Meiras e a visita dos modestos a Cariño.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.