PREVIA: FIN DE SEMANA DO 22 AO 24 DE NOVEMBRO

Numancia de Ares ADR. Previa fin de semana do 22 ao 24 de novembro¡¡¡A CARANZA TOD@S¡¡¡

Nova fin de semana de competición para casi todos os conxuntos do Numancia. Visitas compricadas a Ferrol para modestos e xuvenís; namentras que os cadetes e os infantís xogan en Prados Vellos. Analizamos.

 

 

 

MODESTOS: Visitan na 9ª xornada da 2ª Autonómica ó Galicia de Caranza. Será un partido no que tanto os locais como os numantinos buscarán a vitoria para non descolgarse dos postos de cabeza da clasificación. Aínda e cedo para falar de finais; pero a competición avanza e os partidos ante rivais directos sempre son importantes. Marea Vermella o domingo no Municipal De Caranza a partires das 16:15. ¡¡¡Prohibido faltar¡¡Equipo de afeccionados do Numancia de Ares. Temporada 2013-2014

XUVENÍS: Na 11ª xornada de Liga visitan as instalacións de A Gándara para xogar ante o EF Ensanche. Mídense dous equipos da parte media da clasificación que non tiveron sorte nin acerto nos seus últimos compromisos ligueiros. Toca polo tanto, cambiar esa sorte para o Numancia xuvenil. Loitarán por facelo o sábado a partir das 11:30 no campo de herba artificial de A Gándara.

CADETES: Na 10ª xornada e penúltima de Copa deberán vencer ó Portuarios "B" en Prados Vellos para seguir tendo opcións de xogar a final de Copa. Intentarán facer os deberes mirando sempre de reollo ó Cedeira. Será o sábado as 16:15 cando tod@s temos unha cita cos cadetes en Prados Vellos.

INFANTÍS: Reciben na penúltima xornada de Copa o CD San Sadurniño. Novo partido para seguir formándose e progresando con vistas a un futuro cercano algo mais competitivo. Cita cos infantís do Numancia o sábado as 11:00 en Prados Vellos.

FÚTBOL - 8: Os alevíns visitan o venres as 18:45 os campos de A Malata para xogar a penúltima xornada da Fase Previa ante o EF Racing Ferrol "C". Os benxamíns inician a Liga do grupo 2 recibindo a SD O Val o venres a partires das 18:30 en Prados Vellos. Os prebenxamíns descansan nesta xornada.

BIBERÓNS: Disfrutarán dunha nova xornada do Torneo AFACO de fútbol - 8 recibindo o Cultural Maniños o venres as 17:30 en Prados Vellos; xusto antes do partido dos benxamíns.

Chega unha fin de semana con festa do fútbol - 8 o venres en Prados Vellos. O sábado día intenso de fútbol en Prados Vellos con infantís e cadetes.

Pero o domingo, estamos tod@s obrigados a viaxar ata Caranza. Os modestos últimamente non carburan como ó principio da temporada; e nestos momentos de atasco e cando mais necesitan a Marea Vermella. ¡¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡O Numancia somos todos¡¡¡

O martes pasaremos nota e miraremos se os equipos do Numancia pasaron a ITV.

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.