ITV: FIN DE SEMANA DO 15 AO 17 DE NOVEMBRO

LUCES E SOMBRAS

Nova fin de semana de competición para os distintos equipos do Numancia. Infantís e cadetes foron o mellor dunha xornada na que xuvenís e modestos non estiveron a altura agardada. Analizamos:

 


MODESTOS: Novo empate, esta vez na casa ante o G. Mugardos "B" no derbi de rivalidade. Un punto que sabe a pouco xa que soamente se sumaron 2 puntos nos últimos 4 partidos. Haberá que traballar e mellorar as sensacións de cara as vindeiras xornadas.

XUVENÍS: Goleada recibida na casa ante o CD Cariño. Foi un dos peores partidos dos xuvenís nesta temporada. Toca traballar moito e correxir erros para mellorar nos próximos partidos.Instante do partido de cadetes G. Mugardos - Numancia en A Pedreira (16/11/2013)

CADETES: Vitoria práctica no derbi en Mugardos para seguiir optando a xogar a final de Copa.

INFANTÍS: Rexurdiron das suas cinzas e conseguiron unha valiosa vitora a domicilio ante o Ánimas. Boa imaxe dos infantís nesta fin de semana.

FÚTBOL - 8: Soamente tivemos partido de alevíns. Este fin de semana temos que suspender ó fútbol - 8 xa que o visto na mañá de sábado no partido dos alevíns ante o Rápido de Neda en Prados Vellos non se pareceu en nada ao que se agarda dun partido de categoría educativa e formativa.

BIBERÓNS: Desfrutaron moito na sua primeira experiencia nun terreo de xogo de herba natural. Foi no campo de O Poboado en As Pontes onde os mais pequenos de CD As Pontes e Numancia combatiron ó frío con carreiras cheas de ilusión.

En resumo, xornada de aprobado moi raspado. Luces e sombras; aínda que as sombras como no inverno; son mais intensas que as luces. Toca traballar esta semana en Prados Vellos nos motores e nos cerebros dos distintos equipos para mellorar a imaxe en vindeiras citas.

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde desta o Galicia de Caranza - Numancia da 2ª Autonómica na tarde do domingo.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.