Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 15 AO 17 DE NOVEMBRO.
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 15 AO 17 DE NOVEMBRO.

SEMANA DE EMOCIONANTES DERBIS

Nova fin de semana de competición para algúns dos equipos do Numancia; xa que outros descansan. Partidos importantes de rivalidade para modestos e cadetes. Analizamos:

 



MODESTOS: Chega na 8ª xornada de Liga o primeiro derbi da temporada ante os veciños do G. Mugardos "B". O noso Numancia intentará facer bo o empate de San Mateo conseguindo unha vitoria para escalar ata os postos mais altos da táboa. Os visitantes necesitan os puntos para non verse sorprendidos polos equipos de abaixo. A todo iso, hai que sumarlle a rivalidade propia dun derbi. Non perdades este espectáulo futbolístico o domingo as 16:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡

XUVENÍS: Na 10ª xornada de Liga reciben a visita do Cariño. Intentarán olvidar a dolorosa derrota en Mugardos bu
Instante do partido Numancia - G. Mugardos "B" da pasada temporada (13/01/2013)scando a vitoria ante un equipo que como o Numancia loita por non descolgarse da parte alta da clasifición. A cita cos xuvenís será o sábado a partires das 16:30 en Prados Vellos.

CADETES: Na 9ª xornada de competición visitan o anexo de A Pedreira para xogar o derbi ante o G. Mugardos. Quedan tres xornadas para rematar a competición de Copa. Cedeira, Numancia, Portuarios "B" e incluso o mesmo G. Mugardos loitan por conseguir o primeiro posto do grupo que da acceso a final de Copa. Partido importante dos cadetes en A Pedreira este sábado a partir das 16:00. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

INFANTÍS: Visitan na 11ª xornada de Copa as instalacións de A Gándara en Ferrol para medirse ó Ánimas. Os infantís xogan ante un rival en teoría de nivel parello. Intentarán volver a recuperar as boas sensacións e colleitar unha vitoria que lles dea moral e ánimo de cara ó futuro. Será o venres as 17:30 no campo de herba artificial de A Gándara.

FÚTBOL - 8: Nesta fin de semana os benxamíns e prebenxamíns descansan na última xornada da Fase Previa de Copa. Os que si que xogarán serán os alevíns recibindo o Rápido de Neda o sábado as 11:00 en Prados Vellos.

BIBERÓNS: Vivirán unha nova experiencia xogando nun dos campos de herba natural de O Poboado en As Pontes ante o equipo local. Será o sábado a partir das 17:00 cando os mais pequenos do Numancia disfruten dunha nova xornada do Torneo AFACO.

Chega unha fin de semana de partidos dos que nos gustan; xa que os derbis cos veciños do Galicia de Mugardos sempre son especiais. Agardamos unha gran entrada o domingo en Prados Vellos no derbi da 2ª Autonómica e tamén que a Marea Vermella se reparta venres e sábado para apoiar as diferentes categorías do club.

¡¡¡O Numancia somos todos¡¡¡

O martes pasaremos nota e miraremos se os equipos do Numancia pasaron a ITV.

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.