Inicio Noticias Xerais ITV: FIN DE SEMANA DO 8 AO 10 DE NOVEMBRO
 
 

ITV: FIN DE SEMANA DO 8 AO 10 DE NOVEMBRO

MELLORES SENSACIÓNS QUE RESULTADOS

Nova fin de semana de competición para os distintos equipos do Numancia. Modestos e cadetes foron o mellor da xornada; namentras que xuvenís e infantís foron a cruz da moeda. Analizamos.

 


MODESTOS: Punto importante e valioso o colleitado na casa dun dos rivais directos, O San Mateo. Partido serio e sobrio dun Numancia que intentará logo deste empate volver a subir ós postos mais nobres da clasificación nas vindeiras xornadas.

XUVENÍS: Derrota merecida aínda que abultada para os méritos duns e outros no derbi de A Pedreira. Loitaron os numantinos ante os mugardedes pero os fallos de concentración en momentos claves do partido impediron que sacaran algo positivo en Mugardos.Instante do partido de cadetes Numancia - Miño (09/11/2013)

CADETES: Vitoria cómoda na casa ante o Miño que lles permite seguir na loita por xogar na final de Copa. Quedan tres emocionantes xornadas onde se decidirá todo.

INFANTÍS: Tocaron fondo perdendo na casa ante o Ensanche. Deben recuperar os infantís o bo nivel para poder competir dignamente no que queda de temporada ante os equipos do seu nivel. ¡¡¡A seguir traballando con ánimo rapaces¡¡¡

FÚTBOL - 8: Vitoria dos alevíns en Pontedeume. Viaxes a Ortegal para benxamíns e prebenxamíns con sorte dispar en canto a resultados ante Cariño e Cedeira. Houbo compromiso por parte dos compoñentes de todos os equipos de fútbol - 8 e non houbo comportamientos antideportivos nin lesións. Novamente boa nota para o fútbol - 8 nesta fin de semana.

BIBERÓNS: Xogaron o pasado mércores ante o Val en Prados Vellos un novo partido da Liga AFACO. Seguen acumulando experiencias os mais pequenos do Numanca; que pouco a pouco van perdéndolle ó medo o balón.

En resumo, semana de aprobado sen mais para as distintas categorías do Numancia. A maquinaria de Prados Vellos non para de traballar en toda a semana de cara a mellorar os resultados na vindeira fin de semana.

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde destacan dous derbis; G. Mugardos - Numancia cadete o sábado e Numancia - G. Mugardos "B" de afeccionados o domingo.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.