PREVIA FIN DE SEMANA DO 25 AO 27 DE OUTUBRO

DIFÍCILES E BONITOS PARTIDOS PARA TERMINAR OUTUBRO

Última semana de outubro, na que os nosos equipos intentarán refrendar con bos resultados o bo mes realizado. Non o terán nada fácil, xa que nos próximos días os conxuntos do Numancia teñen partidos contra rivais da parte alta da táboa. Procedemos:

 

 

 

MODESTOS: Na 5ª xornada da 2ª Autonómica terán un desprazamento complicado a terras pontesas. Alí espera nun dos campos de herba natural de O Poboado o CD As Pontes "B"; un dos equipos que xunto co Numancia está situado na zona alta da clasificación. Bonito duelo entre dous equipos xóvenes que aspiran a todo nesta categoría. Marea Vermella o domingo as 16:30 en As Pontes. ¡¡Sen falta¡¡¡.

XUVENÍS: Visitan na 7ª xornada de Liga a un dos equipos mellor clasificados, o AD Miño. Partido compricado e ilusionante reto para os xuvenís que podería ser un punto de inflexión en caso de traer a vitoria dende Gallamonde. Calidade teñen de sobra. Será o sábado ás 16:00.Instante do partido de benxamíns Numancia - Amistade Meirás da pasada temporada.

CADETES: Reciben o sábado ás 16:00 en Prados Vellos ó perigoso Galicia de Caranza "B". Un filial sempre é compricado xa que nunca se sabe cales son as bazas coas que poden xogar. Partido esixente e compricado para os nosos cadetes que deberán sacar adiante para seguir nos postos mais altos da táboa. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡ Boa opción para abrir boca antes do clásico do Camp Nou.

INFANTÍS: Madrugan ó sábado para recibir a un dos líderes do grupo, o Eume Deportivo na 8ª xornada de Copa. Un equipo que chegará invicto a Prados Vellos. Os numantinos intentarán romper esa boa racha dos eumeses e seguir así coas boas sensacións das últimas semanas. ¿Por qué non? Coa vosa axuda será un pouco máis fácil. Sábado ás 10:30 en Prados Vellos a cita cos infantís e co café rico da cantina.

FÚTBOL - 8: Xogan a domicilio os tres equipos de fútbol - 8 do Numancia este fin de semana. Todos o venres. Ás 17:30 na Gándara - 3 os prebenxamíns afrotan un compricado partido ante o Racing San Pedro. Posteriormente e tamén na Gándara - 3 os alevíns mídense o Ánimas "B" a partir das 18:30. Mesmo horario, os das 18:30 para os benxamíns en Atios - Valdoviño para xogar ante o Amistade Meirás.

BIBERÓNS: Nova sesión de fútbol puro e inocente o venres as 18:00 en Prados Vellos progagonizada polos equipos biberóns do Numancia e o Eume Deportivo. ¿Queres pasar un rato agradable? Pois sube a disfrutar co fútbol e anécdotas dos biberóns.

Agardemos que a volta do sol e bo clima logo dunha semana chuviosa, veña acompañado por moitos goles, paradas e bo comportamento dos nosos futbolistas e adestradores. E sobretodo, ¡¡¡que non se lastime ningúen¡¡¡

O martes pasaremos nota e miraremos se os equipos do Numancia pasaron a ITV.

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.