Inicio Noticias Xerais PREVIA FIN DE SEMANA DO 18 AO 20 DE OUTUBRO
 
 

PREVIA FIN DE SEMANA DO 18 AO 20 DE OUTUBRO

UN DOS FAVORITOS VISITA ÓS MODESTOS

Nova xornada de competición para todos os equipos do Numancia. Parece que haberá que mollarse un pouco este fin de semana, despois dun verán bastante longo. Xornada bonita con moito fútbol en Ares; destacando o gran partido na cima da 2º autonómica para o domingo.

 

 

 

MODESTOS: Na 4ª xornada reciben o equipo do Ortigueira. Os de Ortegal contan nas súas filas con xogadores contrastados en superiores categorías como Polo ou Diego Cañoles. Eso sumado a un bloque sólido e veterán fan do Ortigueira un dos favoritos para o ascenso. O noso xoven Numancia non quere ser menos e buscará a vitoria para consagrarse no mais alto da 2ª Autonómica e dar un golpe enriba da mesa. Pero para eso necesítannos a TOD@S o domingo as 17:00 en Prados Vellos. ¡¡¡Non pode faltar ningúen a este primeiro partido importante da longa temporada¡¡

XUVENÍS: Disputan a 6ª xornada recibindo o sábado as 17:00 en Prados Vellos ao Eume Deportivo. Partido de rivalidade entre dous equipos que non queren seguir descolgándose dos primeiros postos da clasificación. Emoción e loita asegurada para o sábado en Prados Vellos. ¿Seredes capaces de abandonar aos xuvenís? Seguro que non.

CADETES: Visitan na 5ª xornada da Copa o campo de Os Pinares para medirse a un Perlío que se atopa na zona media da clasificación. Esperamos a vitoria dos cadetes que intentarán seguir situados no pódium da competición. Será o sábado as 17:00 en Fene.

INFANTÍS: A mañá do sábado queda reservada para que tod@s acudamos a animar o equipo infantil do Numancia no seu derbi ante o Galicia de Mugardos. As 11:00 no anexo de A Pedreira, Galicia e Numancia prometen emoción, fútbol e deportividade para loitar polos tres puntos e polo primeiro oficial da temporada entre os veciños e "amigos" (fora do campo) de Mugardos e Ares en todas as categorías. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡Instante do partido de benxamíns Numancia - Meirás, temporada 2012-2013

FÚTBOL - 8: Nova festa do fútbol - 8 o venres en Prados Vellos. Comezan as 17:00 os prebenxamíns recibindo ó Racing de Ferrol "B". As 18:00 serán os benxamíns os que xoguen co Meirás. Pecharán a tarde os alevíns xogando tamén ante o Meiras. Boa maneira de abrir boca para o fin de semana disfrutando co fútbol dos rapaces mais novos en Prados Vellos na tarde do venres. ¿E se chove? Hai paraugas.

BIBERÓNS: Debutaron o martes na Liga AFACO ante o Barallobre nun partido cheo de goles, emocións, anécdotas e ánimos para os mais pequenos do Numancia. Nesta fin de semana xogan o venres as 17:30 no campo de herba natural de A Veiga en Cabañas ante o equipo das escolas do concello anfitrión. ¡¡¡Que sigan vivindo novas sensacións¡¡¡

Este fin de semana facemos un chamamento a toda a afición numantina, debido aos compricados e importantes partidos dos modestos, xuvenís e infantís. Sabemos que co apoio da Marea Vermella todo e mais fácil.

Agardemos ver moita xente animando os nosos equipos para que estos consigan resultados satisfactorios. E o mais importante, ¡¡¡que non se lastime ningúen¡¡¡ Soamente e fútbol.

O martes pasaremos nota e miraremos se os equipos do Numancia pasaron a ITV.

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.