ITV FIN DE SEMANA DO 11 AO 15 DE OUTUBRO

SEGUIMOS POLO BO CAMIÑO

Boa fin de semana para as distintas categorías do Numancia. Tres vitorias e un empate en fútbol - 11 sempre é unha boa colleita en canto a resultados. Analicemos:


Ares 15 de outubro do 2013

MODESTOS: Vitoria en A Gándara ante o Bertón na 3ª xornada de Liga. Importante vitoria xa que nestos partidos non se gañan ás ligas, pero si que se perden. Cómodo partido para o primeiro equipo numantino que firma un gran arranque ligueiro con 7 puntos de 9 posibles, sendo dous dos partidos a domicilio.

XUVENÍS: Nova igualada, desta vez en Perlío. Sitúanse na sexta posición estando imbatidos e sendo os reis dos empates. Non é un mal arranque ligueiro para un equipo xuvenil que amosa compromiso semana tras semana.Equipo infantil do Numancia de Ares temporada 2013-2014.

CADETES: Tocou sufrir. Remontaron ante un duro Ortigueira que vendeu moi cara a súa pel en Prados Vellos. Foi unha boa ocasión para comprobar que o camiño para intentar xogar a final de Copa non vai ser nada fácil.

INFANTÍS: Segunda vitoria consecutiva, esta vez na casa ante o Rápido de Neda. Logo dun comezo compricado ante os equipos mais fortes do grupo; parece que os infantís comezan a coller o pulso a unha categoría que para mais da metade do equipo e nova.

FÚTBOL - 8: Tres desplazamientos e tres derrotas para os equipos de fútbol - 8 do Numancia. Boa colleita, xa que o principal nestas categorías e a aprendizaxe; e todos sabemos que nas derrotas e cando mais se aprende. Ningunha lesión e ningún incidente extradeportivo. ¡¡¡A seguir así¡¡¡

En resumo, esta semana podemos poñer novamente un NOTABLE a actuación dos distintos equipos do Numancia a pasada fin de semana. Tocará seguir traballando no taller de Prados Vellos para chegar a excelencia, pero de momento, ¡¡¡non nos podemos queixar¡¡¡

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde teremos moitos partidos en Prados Vellos (ver cadro de horarios); sendo o plato forte o partido do primeiro equipo ante o Ortigueira.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.