Inicio Noticias Xerais ITV FIN DE SEMANA DO 4 AO 6 DE OUTUBRO
 
 

ITV FIN DE SEMANA DO 4 AO 6 DE OUTUBRO

XORNADA NOTABLE PARA Ó NUMANCIA

Boa fin de semana para as distintas categorías do Numancia. En fútbol - 11 dúas victorias e un empate. En fútbol - 8 boa xornada de fútbol e goles o venres en Prados Vellos. Analicemos....

 

 

Ares 8 de outubro do 2013.

MODESTOS: Non poido ser mellor a estrea do Numancia como local na 2ª autonómica. "Manita" ó Cebarca e tarde cómoda e de ledicia para a parroquia numantina nunha precioso serán de domingo en Prados Vellos.

XUVENÍS: Bo nivel o que están ofrecendo os nosos xuvenís neste inicio de temporada. Pero teñen o mesmo problema que o Depor, perden na casa o que gañan fora. Desta vez novo empate co Portuarios. Dous puntos de seis como locais son poucos para un equipo que aspira a loitar na zona alta da táboa. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡

CADETES: Gozaron dunha merecida xornada de descanso, despois do bo arranque na liga.Instante do partido de infantís Meirás - Numancia (05/10/13)

INFANTÍS: ¡¡¡HABEMUS VICTORIA¡¡¡ Os nosos infantís foron conseguir os primeiros puntos da temporada a un campo histórico como o Misael Prieto. Vitoria ante o Meirás para premiar o bo traballo dos rapaces e para dar un soplo de aire fresco e de confianza a este xoven equipo infantil do Numancia. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡

FÚTBOL - 8: Gran xornada de fútbol - 8 a vivida o venres en Prados Vellos. Comezaban os prebenxamíns vencendo o EF Cabañas. Os benxamíns empataban co Portuarios e os alevíns vencían ó Cedeira. Resultados aparte, bonita xornada con bo tempo e ausencia de lesións e de incidentes extradeportivos. ¡¡¡Así da gusto¡¡¡

En resumo, esta semana podemos poñer un notable como nota para as distintas categorías do Numancia. Agardemos que para a vindeira fin de semana sexamos capaces de mellorar e chegar ó sobresaliente. ¡¡¡Por intentalo que non quede¡¡¡

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde destaca o debut na competición AFACO dos biberóns en Prados Vellos ante a SD Barallobre.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.