PREVIA FIN DE SEMANA DO 4 O 6 DE OUTUBRO
¡¡¡ TODOS A PRADOS VELLOS¡¡¡
Nova xornada de competición para os equipos do Numancia. Nesta fin de semana cabe destacar que teremos 5 partidos no noso campo de Prados Vellos; que por certó estreará as novas costas de acceso as bancadas. Entramos en detalles:
MODESTOS: Na 2ª xornada de Liga debutan como locales en Prados Vellos. Será o domingo ás 17:00 ante o recién ascendido UD Cebarca de Cerdido. Un equipo aguerrido, veterán e forte defensivamente que de seguro venderá moi cara a súa pel en Prados Vellos este domingo. Non hai excusas para non acudir o domingo a Prados Vellos. Instalacións renovadas, bo tempo, debut do primeiro equipo....¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡
XUVENÍS: Reciben na 4ª xornada de Liga ao Portuarios, equipo situado na zona media da tabla. Será o sábado as 17:00 en Prados Vellos cando todos teremos que acudir ó campo para axudar o equipo xuvenil a consolidarse na zona alta da clasificación.
CADETES: Logo das boas dúas primeiras semanas de competición, terán xornada de descanso este fin de semana.
INFANTÍS: Visitan ó lider o sábado as 16:00 da tarde no Misael Prieto de Meirás. Intentarán sacar algo positivo ante o equipo anfitrión, ou cando menos seguir collendo boas sensacións nesta temporada.
FÚTBOL - 8: Festa dos nenos este venres en Prados Vellos. A EF Cabanas visitará o noso Numancia prebenxamín as 17:00. O Portuarios xogará cos nosos benxamíns as 18:00. Como fin de festa o Cedeira visitará os nosos alevíns as 19:00. ¿Quén da mais? Fútbol en estado puro e diversión para a tarde de venres en Prados Vellos.
Agardemos que todos os nosos equipos obteñan bos resultados e sobretodo que non se lastime ninguén. Agardamos tamén ver este fin de semana un remozado Prados Vellos cheo de xente desfrutando do fútbol base e do fútbol modesto.
O martes pasaremos nota e miraremos se os equipos do Numancia pasaron a ITV.
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡