Inicio Noticias Xerais PREVIA FIN DE SEMANA DO 27 O 29 DE SETEMBRO
 
 

PREVIA FIN DE SEMANA DO 27 O 29 DE SETEMBRO

COMEZA Ó RETO PARA OS MODESTOS

Nova fin de semana de competición para todas as categorías numantinas. Destaca este fin de semana o comezo da apaixoante competición da 2ª autonómica de Ferrolterra. A partir desta fin de semana, xa teremos a todos os equipos do Numancia en competición oficial.


MODESTOS: Primeira xornada de Liga para o primeiro equipo numantino. Partido trampa, xa que desprazáranse o pequeno e sempre complicado campo de O Lameiro en Vilaboa (Valdoviño). Alí as 17:00 do próximo domingo agarda o recién ascendido Rosalía; que a bo seguro dificultará moito as cousas ó noso Numancia. Toca apoiar a este equipo xoven e da casa. Todos co Numancia dende a primeira xornada de Liga. ¡¡¡Tod@s a Vilaboa este domingo¡¡¡

Instante do partido Rosalía - Numancia. Temporada 2010-2011.
XUVENÍS: Afrontan a 3ª xornada de Liga visitando o sábado ás 17:00 no campo de herba artificial de A Gándara a un Racing San Pedro que aínda non puntuou. Non deben confiarse os numantinos se queren seguir invictos na competición. Boa ocasión para meterse na parte alta da táboa.

CADETES: O equipo cadete do Numancia deberá preparar ben as alarmas do móvil para o domingo. Comeza o partido en Cedeira ás 10:00 da mañá; supoñemos que para que de tempo a ir a misa despois. Agardemos que o noso bo equipo de cadetes non acuse o madrugón e poida consolidarse na parte da alta vencendo o equipo de Ortegal.

INFANTÍS: O equipo infantil do Numancia intentará resarcirse do mal comezo na Copa cunha vitoria ante o Portuarios "B" este sábado ás 17:00 en Prados Vellos. Para iso necesitan loitar moito, mellorar e tamén estar ben arroupados dende as bancadas. É o único partido en Ares este fin de semana; boa oportunidade para ver fútbol infantil este sábado en Prados Vellos.

FÚTBOL - 8: Primeiros viaxes da temporada para os nosos rapaces. Os alevíns xogan o venres as 19:00 en O Cadaval (Piñeiros) ante o Narón "B". Os benxamíns xogan ante o Galicia de Caranza a domicilio o venres as 18:00. Por último os prebenxamíns afrontan o sábado unha longa viaxe deportiva - cultural para medirse ás 12:00 da mañá en San Claudio o equipo local; Ortigueira FC.

Na xornada do martes pasaremos unha nova ITV valorando a actuación dos distintos equipos do club na fin de semana. Sorte a todos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.