Inicio Noticias Xerais PREVIA FIN DE SEMANA DO 20 O 22 DE SETEMBRO
 
 

PREVIA FIN DE SEMANA DO 20 O 22 DE SETEMBRO

TODA A BASE ENTRA EN COMPETICIÓN

Esta fin de semana comezan as competicións de cadetes e as das tres categorías de fútbol - 8 federado (prebenxamíns, benxamíns e alevíns). Isto implica que todo o fútbol base do Numancia estará en competición a partir de este fin de semana.


 

MODESTOS: O primeiro equipo numantino afronta o último amigable da súa longa pretemporada. Bueno.... amigable non se lle pode chamar a un Galicia de Mugardos "B" - Numancia que se xogará este domingo en A Pedreira; un partido no que a bo seguro ambos equipos terán un alto nivel competitivo xa que se trata de un derbi coa competición ligueira a piques de comezar.Numancia - Cedeira temporada 2012-2013.

XUVENÍS: Despois da vitoria en Neda; os xuvenís numantinos afrontan a 2ª xornada de Liga recibindo ó Cedeira en Prados Vellos o sábado ás 18:30. Boa oportunidade para sumar 3 novos puntos e situarse na zona alta da clasificación.

CADETES: O equipo cadete do Numancia abre a xornada de fútbol o sábado en Prados Vellos a partires das 16:30 debutando na Liga ante o Cultural Maniños. Moitas ilusión e ambición esta temporada nun equipo que terá que avanzar sen prisa, pero sen pausa. ¡¡¡A por todas campións¡¡¡

INFANTÍS: O equipo infantil do Numancia visita Miño na tarde do venres coa idea de resarcirse da goleada encaixada na primeira xornada de Copa. Un equipo moi novo que de seguro irá de menos a mais nesta competición.

FÚTBOL - 8: ¡¡¡Comeza o espectáculo¡¡¡ O fútbol DOS NENOS abre as suas portas este venres en Prados Vellos por partida triple. Dende as 17:00 ata as 20:00 prebenxamíns, benxamíns e alevíns do Numancia e Miño farán as delicias do público asistente; desfrutar e aprender serán os seus únicos obxetivos.

Na xornada do martes pasaremos unha nova ITV valorando a actuación dos distintos equipos do club na fin de semana. Sorte a todos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA!!!

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.