Inicio Noticias Xerais ITV FIN DE SEMANA DO 13 O 15 DE SETEMBRO
 
 

ITV FIN DE SEMANA DO 13 O 15 DE SETEMBRO

Numancia de Ares ADR. ITV fin de semana do 13 o 15 de setembro.NESTE PRIMEIRO CONTROL; O NUMANCIA CIRCULA CORRECTAMENTE

Nova sección que inaguramos na páxina web; ya que cada martes avaliaremos a actuación dos equipos durante a fin de semana; para ver si o motor do Numancia pasa correctamete a ITV semanal. ¡¡¡Arrincamos¡¡¡


Ares 17 de setembro de 2013.

AFECCIONADOS: Partido serio, sobrio e cómodo do Numancia en Cabanas. A posta a punto dos numantinos de cara a competición que comeza dentro de 15 días avanza de maneira máis que correcta.

XUVENÍS: Vitoria a domicilio no primeiro partido de liga en Neda. Din as crónicas que o fútbol non foi o máis vistoso posible; pero o que conta nestas primeiras xornadas e sumar; algo que sempre da moral e confianza.

CADETES: Boa imaxe cun empate ante o Eume Deportivo a domicilio no último amigable da pretemporada. Parece que o equipo cadete do Numancia ten a maquinaria engrasada para comezar a Copa este próximo fin de semana.

INFANTÍS: Debutan na competición de Copa mañá mércores ás 18:00 en Prados Vellos ante o potente Galicia de Caranza "B". Necesitan do apoido da afición vermella neste difícil primeiro partido. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

FÚTBOL - 8: Prebenxamíns, benxamíns e alevíns divertiron ao numeroso público asistente no V Memorial Pedro García Vilar en Ares; que como xa sabedes foi un éxito a nivel deportivo e social.

En definitiva, podemos dicir que esta fin de semana o Numancia de Ares pasa a ITV sen ningún tipo de deficiencia. Agardamos mellorar ou cando menos manter o nivel a vindeira fin de semana.

O xoves faremos a previa do fin de semana; onde xa teremos a todas as categorías do Numancia en competición; xa que debutan cadetes e todo o fútbol - 8.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.