Inicio Noticias Xerais V MEMORIAL PEDRO GARCIA VILAR
 
 

V MEMORIAL PEDRO GARCIA VILAR

Numancia de Ares ADR. V Memorial Pedro García Vilar. Prados Vellos 13 y 14 /09/13.DENDE O NUMANCIA ATA O CEO

Celebrouse os pasados días 13 e 14 de setembro no Municipal de Prados Vellos en Ares o V Memorial D. Pedro García Vilar de fútbol -8 nas categorías de prebenxamíns, benxamíns e alevíns ante un auténtico abarrote de público.


Por parte do Numancia participaron un total de 46 nenos das diferentes categorías de fútbol - 8 que ten o club; foron os seguints:

NUMANCIA PREBENXAMÍN: Marcos, Dani, Lucas, Ángel, Brais, David Allegue, Aketx, Gonzalo, Iker, Mateo, Mario, Isma, David Vilasánchez, Axel, Xerar, Hugo, Sergio Gil e Sergio Feal.

Adestrador: Jorge Martínez.

Delegado: Jose Ramón Hermida.

NUMANCIA BENXAMÍN: Miguel, Martina, Manu, Carlos, Marcos Rey, Zoel, Marcos Margarhetto, Chechu, Raúl, Telmo, Diego, Lucas, Óscar, Martín Miguel e Jaime.

Adestrador: Eugenio Margharetto "Genete".

Axudante: Roberto Oliveira "Oli".

Delegado: Francisco Iglesias "Kiko".

NUMANCIA ALEVÍN: Rubén, Adrián, Mateo, Pablo, Migui, Raúl, Borja, Martín, Samuel, Mario, Sergio, Naím e David.

Adestrador: Alberto Durán.

Delegado: Santi Cartelle.

 

 



No que se refiere o desenvolvemento das tres categorías; o Torneo discurreu da seguinte maneira:

PREBENXAMÍNS - CAMPEÓN VICTORIA CF

Na fase de grupos, Victoria e Narón conseguían de forma clara e merecida o pase a final do Torneo.

Na xornada final, o Galicia de Mugardos conseguía o 7º posto ante un Neda con algún xogador biberón nas súas filas. O Numancia vencía con claridade ó Miño para conseguir o 5º posto. Val e Perlío disputaban unha igualada final de consolación nas que os valexos conseguían o 3º posto na tanda de penaltis. Na gran final os dous conxuntos de maior idade do Torneo; Narón e Victoria disputaban un bonito partido con vitoria para ós coruñeses que se proclamaban campións do Torneo en categoría prebenxamín.

En canto ó Numancia, boa participación dos 18 xogadores; 13 deles debutantes na categoría prebenxamín. Un equipo moi novo que obtivo dúas victorias, un empate e unha derrota neste Torneo; levándose a 5º plaza do mesmo e moitos bos detalles para a esperanza e a mellora dos nenos.

BENXAMÍNS - CAMPIÓN VICTORIA CF

Na fase de grupos Eume e Perlío loitaron duramente polo pase a final no grupo A; sendo os feneses os mais afortunados. No grupo B claro dominio do Victoria de A Coruña.

Na xornada final, o G. Mugardos derrotaba cómodamente o Meirás para obter o 7º posto. Numancia e Val disputaban un igualadísimo partido que otorgaba o 5º posto os aresáns grazas a tanda de penaltis. O Narón derrotaba o Eume para ser 3º, namentras que o Victoria vencía sen paliativos o Perlío na final para convertirse, igual que na categoría prebenxamín en campión do Torneo.

En canto ó Numancia, un pouco de todo nestos primeiros partidos da temporada. Con traballo e ilusión de este gran grupo de benxamíns de seguro que achegarán alegrías nos próximos meses.

ALEVÍNS – CAMPIÓN EUME DEPORTIVO

Na fase de grupos o Eume Deportivo dominou con comodidade o seu grupo. No outro grupo dura loita entre Victoria e Narón por acceder á final sendo os naroneses os afortunados.

Na xornada final, o Cultural Maniños derrotaba o Miño para conseguir o 7º posto. O San Sadurniño desfacíase do G. Mugardos para obter o 5º posto. Numancia e Victoria disputaban unha final de consolación preciosa e intensa na que o de Ares serian vencedores grazas a tanda de penaltis. Na gran final, o Eume Deportivo derrotaba por 4-2 o Narón e proclamábase campión do Torneo na categoría alevin.

En canto ó Nnumancia, excelente participación no Torneo dun equipo moi xusto de efectivos e feito con moito traballo, paciencia e colaboración de todos durante o verán. Este 3º posto no Memorial Pedro García Vilar foi de seguro un bo premio para os que sinten o Numancia e Ares por enriba de todo; sendo tamén unha forte inxección de moral de cara a temporada que comeza o próximo fin de semana.

En resumo, foron duas xornadas de intenso traballo, ilusións, animos, nenos, fútbol, risas, anécdotas. Comezabamos o venres as 16:15 cun sol de xustiza e un intenso calor que foi dando paso a fresca de setembro para rematar a xornada futbolística ás 20:10 e a do duro traballo ás 22:00.

O sábado ás 9:00 Prados Vellos abría ás súas portas, as 9:45 comezaba o fútbol e xa non paraba ata as 21:00. Ás 22:30 e con todo ben recollido Prados Vellos pechaba ás súas portas mirando ó ceo; con orgullo, satisfacción e moito cansancio.

Este V Memorial D. Pedro García Vilar non sería posible sen o traballo voluntario de moita xente na cantina, terreo de xogo, fotografía, vestiarios, tarefas de limpieza e mantemento….

Sen os distintos equipos e colexiados aos que desde a ADR Numancia de Ares agracedemos o seu bo comportamento estando todos a altura do homenaxeado e do Torneo.

Sen os patrocinadores; o Concello de Ares representado polo Sr. Alcalde D. Julio Iglesias acompañado polo Concelleiro de Deportes D. Jose Juán Vilar e a Concelleira Dña. Olimpia Marcos na entrega das medallas aos equipos participantes. Sen o gran traballo de Protección Civil de Ares regulando o tráfico e sempre atenta ante calqueira necesidade dos nosos visitantes. Bo detalle tamén de Supermercados DIA de Ares sumándose á festa e achegando zumes e froita para repartir entre os nenos dos distintos equipos durante a longa xornada deportiva do sábado.

O noso agradecemento a foto-video "VILLALONGA" de Sanxenxo pola cesión das fotografías dos equipos participantes no torneo. E tamén grazas a Flor (nai de Aketx) por aportarnos as suas fotos.

Grazas de corazón a todas as persoas que fixeron posible este V MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR. Os nenos están moi agradecidos polo voso traballo e colaboración. Tamén dende o ceo, o noso querido Pedro García de seguro que disfrutou co bo fútbol deste Torneo e sentíuse orgulloso do bo traballo do seu pobo, do seu Numancia e dos seus sucesores.

Ata o ano que ven.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

PREBENXAMINS   (GRUPO A)
VENRES 13 16:15 - 16:40 NUMANCIA - PERLIO 0 - 0
16:15 - 16:40 G. MUGARDOS - NARON 0 - 1
18:15 - 18:40 NUMANCIA - NARON 0 - 3
18:15 - 18:40 G. MUGARDOS - PERLIO 0 - 6
SABADO 14 10:45 - 11:10 NUMANCIA - G. MUGARDOS 2 - 0
10:45 - 11:10 PERLIO - NARON 1 - 2
 
Clasif Equipo Xog. Gañ. Emp. Perd. Goles Punt
Favor Cont. Difer.
NARÓN 3 3 0 0 6 1 5 9
PERLÍO 3 1 1 1 7 2 5 4
NUMANCIA 3 1 1 1 2 3 -1 4
G. MUGARDOS 3 0 0 0 0 9 -9 0

 

 

PREBENXAMINS   (GRUPO B)
VENRES 13 17:15 - 17:40 VICTORIA - NEDA 9 - 0
17:15 - 17:40 O VAL - MIÑO 3 - 1
19:15 - 19:40 VICTORIA - MIÑO 6 - 0
19:15 - 19:40 O VAL - NEDA 5 - 0
SABADO 14 12:45 - 13:10 VICTORIA - O VAL 4 - 0
12:45 - 13:10 NEDA - MIÑO 0 - 3
 
Clasif Equipo Xog. Gañ. Emp. Perd. Goles Punt
Favor Cont. Difer.
VICTORIA 3 3 0 0 19 0 19 9
O VAL 3 2 0 1 8 5 3 6
MIÑO 3 1 0 2 4 9 -5 3
NEDA 3 0 0 3 0 17 -17 0

 

 

BENXAMINS   (GRUPO A)
VENRES 13 16:45 - 17:10 NUMANCIA - PERLIO 0 - 3
16:45 - 17:10 G. MUGARDOS - EUME 0 - 1
18:45 - 19:10 NUMANCIA - EUME 2 - 2
18:45 - 19:10 G. MUGARDOS - PERLIO 1 - 2
SABADO 14 11:15 - 11:40 NUMANCIA - G. MUGARDOS 1 - 0
11:15 - 11:40 EUME - PERLIO 1 - 1
 
Clasif Equipo Xog. Gañ. Emp. Perd. Goles Punt
Favor Cont. Difer.
PERLÍO 3 2 1 0 6 2 4 7
EUME 3 1 2 0 4 3 1 5
NUMANCIA 3 1 1 1 3 5 -2 4
G. MUGARDOS 3 0 0 3 1 4 -3 0

 

 

BENXAMINS   (GRUPO B)
VENRES 13 17:45 - 18:10 VICTORIA - MEIRAS 6 - 0
17:45 - 18:10 NARON - O VAL 1 - 1
19:45 - 20:10 VICTORIA - NARON 7 - 1
19:45 - 20:10 O VAL - MEIRAS 1 - 1
SABADO 14 13:15 - 13:40 VICTORIA - O VAL 4 - 0
13:15 - 13:40 NARON - MEIRAS 2 - 1
 
Clasif Equipo Xog. Gañ. Emp. Perd. Goles Punt
Favor Cont. Difer.
VICTORIA 3 3 0 0 17 1 16 9
NARON 3 1 1 1 4 9 -5 4
O VAL 3 0 2 1 2 6 -4 2
MEIRÁS 3 0 1 2 2 9 -7 1

 

 

ALEVINS   (GRUPO A)
SABADO 14 09:45 - 10:10 NUMANCIA - MANIÑOS 1 - 0
09:45 - 10:10 G. MUGARDOS - EUME 0 - 4
11:45 - 12:10 NUMANCIA - EUME 0 - 2
11:45 - 12:10 G. MUGARDOS - MANIÑOS 4 - 2
13:45 - 14:10 NUMANCIA - G. MUGARDOS 2 - 0
13:45 - 14:10 EUME - MANIÑOS 5 - 1
 
Clasif Equipo Xog. Gañ. Emp. Perd. Goles Punt
Favor Cont. Difer.
EUME 3 3 0 0 11 1 10 9
NUMANCIA 3 2 0 1 3 2 1 6
G. MUGARDOS 3 1 0 2 1 8 -7 3
MANIÑOS 3 0 0 3 3 10 -7 0

 

 

ALEVINS   (GRUPO B)
SABADO 14 10:15 - 10:40 VICTORIA - MIÑO 1 - 0
10:15 - 10:40 SAN SADURNIÑO - NARON 0 - 3
12:15 - 12:40 VICTORIA - SAN SADURNIÑO 0 - 1
12:15 - 12:40 MIÑO - NARON 0 - 7
14:15 - 14:40 VICTORIA - NARON 1 - 0
14:15 - 14:40 SAN SADURNIÑO - MIÑO 2 - 1
 
Clasif Equipo Xog. Gañ. Emp. Perd. Goles Punt
Favor Cont. Difer.
NARON 3 2 0 1 10 1 9 6
VICTORIA 3 2 0 1 2 1 1 6
S. SADURNIÑO 3 2 0 1 3 4 -1 6
MIÑO 3 0 0 3 1 10 -9 0

 

 

XORNADA FINAL
HORA CATEGORIA CAMP PARTIDO RESULTADO
15:45 PRE (3A - 3B) 5º - 6º A NUMANCIA - MIÑO 8 - 1
PRE (4A - 4B) 7º - 8º B G. MUGARDOS - NEDA 5 - 1
16:30 BEN (3A - 3B) 5º - 6º A NUMANCIA - O VAL 1 - 1 (pp 8-7)
BEN (4A - 4B) 7º - 8º B G. MUGARDOS - MEIRAS 6 - 0
17:15 ALE (3A - 3B) 5º - 6º A G. MUGARDOS - S. SADURNIÑO 2 - 5
ALE (4A - 4B) 7º - 8º B MANIÑOS - MIÑO 3 - 0
18:00 PRE (1A - 1B) 1º - 2º A NARON - VICTORIA 1 - 3
PRE (2A - 2B) 3º - 4º B PERLIO - O VAL 3 - 3 (pp 3-4)
18:45 BEN (1A - 1B) 1º - 2º A PERLIO - VICTORIA 0 - 12
BEN (2A - 2B) 3º - 4º B EUME - NARON 1 - 3
19:30 ALE (1A - 1B) 1º - 2º A EUME - NARON 4 - 2
ALE (2A - 2B) 3º - 4º B NUMANCIA - VICTORIA 1 - 1 (pp 5-4)

 

 

CLASIFICACIONS FINAIS
ALEVINS BENXAMINS PREBENXAMINS
EUME VICTORIA VICTORIA
NARON PERLIO NARON
NUMANCIA NARON O VAL
VICTORIA EUME PERLIO
S. SADURNIÑO NUMANCIA NUMANCIA
G. MUGARDOS O VAL MIÑO
MANIÑOS G. MUGARDOS G. MUGARDOS
MIÑO MEIRAS NEDA

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.