Inicio Noticias Xerais PREVIA FIN DE SEMANA DO 13 O 15 DE SETEMBRO.
 
 

PREVIA FIN DE SEMANA DO 13 O 15 DE SETEMBRO.

Numancia de Ares ADR. Previa fin de semana do 13 o 15 setembro.Con motivo do comezo das competicións oficiais para algúns dos equipos do Numancia comezamos unha nova sección na web que servirá para quentar motores de cara ós partidos das diferentes categorías do club para o fin de semana. Unha sección que desmenuzará de maneira breve os diferentes envites a disputar polo Numancia:

 


MODESTOS: O primeiro equipo numantino afronta as dúas últimas semanas da pretemporada. O domingo xogarán a partir das 18:00 no campo de A Veiga ante o equipo anfitrión; o Xuventude de Cabañas equipo da 3ª Autonómica. Novo amigable para seguir perfilando o equipo de cara o comezo da liga na 2ª Autonómica.

XUVENÍS: O equipo xuvenil do Numancia logo dun bo traballo en pretemporada aínda que cuns anécdoticos resultados algo irregulares; comeza a Liga da 1ª Autonómica xuvenil visitando o sábado ás 17:00 o Rápido de Neda. Comeza o serio para un equipo xuvenil que ten o listón moi alto da temporada pasada. Estamos seguros de que os rapaces o darán todo nesta nova temporada para cando menos igualar esos rexistros. Sorte campións.

CADETES: O equipo de cadetes afronta o seu último amigable da pretemporada unha semana antes do comezo da competición de Copa. Será o sábado ás 11:00 na Gándara Eumesa ante o Eume Deportivo onde intentarán manter a boa imaxe amosada en O Val a pasada fin de semana.

INFANTÍS: O equipo infantil do Numancia xa rematou a súa pretemporada. Este fin de semana comeza a Copa pero os numantinos descansan nesta primeira xornada. O mércores ás 18:00 en Prados Vellos disputarán a 2ª xornada copeira (primeira para o Numancia) recibindo o Galicia de Caranza B" ó que intentarán poñerlle as cousas difíciles para derrotalo. Moita sorte tamén os infantís neste inicio da temporada oficial.

FÚTBOL - 8: Nestas categorías casi sempre diremos ó mesmo. Que participen, disfruten e fagan amigos nos distintos campos de fútbol coa excusa dos distintos partidos. Nesta fin de semana, os tres equipos federados de fútbol - 8 do Numancia participarán no noso V Memorial D. Pedro García Vilar en Ares onde intentarán homenaxear da mellor maneira posible co seu xogo e ilusión a unha persona que tanto fixo polo fútbol base aresán.

O luns - martes estrearemos outra sección e  pasaremos a ITV a esta primeira fin de semana de competición oficial para o Numancia de Ares.

¡¡¡AUPA NUMANCIA!!!

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.